Estefanía Calo García

foto_perfilEstefanía Calo licenciouse en Socioloxía pola Universidade da Coruña en 2008 e obtivo un Bachelor con Honores en Ciencias Sociais pola University of Abertay Dundee en Escocia no ano 2007. Ao longo deste periodo desenvolveu as súas principais líneas de investigación centradas, fundamentalmente, en Socioloxía Urbana e do Territorio e Urbanismo. En concreto: vivenda e políticas residenciais, territorio cidade e mobilidade. Realizou estancias de investigación en diferentes institucións entre as que se atopa o Centre for Urban History, na University of Leicester no ano 2012. Doctorouse con mención internacional no 2015 coa tese "El sistema residencial en España: componentes, funcionamiento y necesidades de vivienda". Nos últimos anos é docente no grado de Socioloxía da UDC e foi docente na Maestría de Comunicación da Universidade de Milagro en Ecuador. Tamén abreu unha nova línea de investigación relacionada coa pobreza enerxética residencial participando en proxectos de investigación na UDC e na Universidade de Santiago de Compostela.

 

Academia.edu: https://coruna.academia.edu/Estefan%C3%ADaCalo

Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Estefania_Calo_Garcia

Google Académico: https://scholar.google.com/citations?user=GZ6FGCAAAAAJ

Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=3594909

 

E-Mail: estefania.calo@udc.es