Estefanía Calo García

foto_perfilA profesora Estefanía Calo traballa en liñas de investigación relacionadas coa socioloxía urbana, o territorio e a vivenda. Ten un  Bachelor con Honras en Ciencias  Sociais pola  University  of  Abertay Dundee en Escocia e é doutora en socioloxía con mención internacional pola Universidade da Coruña (UDC).

Na actualidade é profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC onde imparte, entre outras, a materia de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio. Tamén impartiu clase na  Universidade de Vigo, na Universidade de Estremadura e na Universidade de Milagre, en Ecuador, e ha colaborada en diferentes proxectos de investigación con outras institucións como a  Universidade de Santiago de Compostela.

Ha realizo diferentes estancias de investigación en diferentes organismos entre os que se atopa o Centre  for  Urban  History, da  University  of Leicester en Reino Unido (2012); o  ISCTE-Instituto do  Universitário de Lisboa (2019); a Universidade Complutense de Madrid (2020-2021); e a Universidade de Barcelona (2022), nas que colaborou con grupos de investigación relacionados co estudo da cidade e a relación entre a poboación e o territorio.

Publicou diferentes artigos en revistas de recoñecida calidade e participou en conferencias a nivel internacional presentando traballos relacionados co estudo da cidade, a vivenda e o territorio, concretamente vinculados con: a análise das necesidades residenciais, as políticas residenciais, o dereito á vivenda e á cidade e co estudo de diferentes procesos urbanos como a xentrificación e a turistificación. Todo este traballo está vinculado ademais a temas de sustentabilidade e  medioambiente e as novas relacións sociais asociadas ao ben común e o decrecemento.

 

Academia.edu: https://coruna.academia.edu/Estefan%C3%ADaCalo

Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Estefania_Calo_Garcia

Google Académico: https://scholar.google.com/citations?user=GZ6FGCAAAAAJ

Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=3594909

E-Mail: estefania.calo@udc.es

Teléfono: 881014821 (Ext. 4821)