Facultade de Filoloxía

Preguntas frecuentes · Novo estudantado

Aspectos académicos

Cal é o meu horario?

Hai que considerar o seguinte:

- O estudantado está dividido en grupos (➜ Asignación de grupo).

- Cada grupo ten un esquema de clases diferente (➜ Distribución das clases e ➜ Horarios).

 

Asignación de grupo

- Cada estudante ten asignado un grupo, identificado por unha letra (A, B, C, D)

- A asignación publícase en setembro na páxina web da facultade (no espazo do teu grao ou aquí).

- Despois de cada período de matrícula actualízanse as listaxes de asignación de grupo.

 

Distribución das clases

Todas as materias de 1.o son cuadrimestrais, é dicir, impártense de setembro a decembro ou de febreiro a maio.

As materias de 1.ᵒ ten a seguinte estrutura semanal:

- 2 horas de sesión expositiva
- 2 sesións interactivas de 1 hora cada unha

As sesións expositivas son conxuntas:

- por unha banda, para os grupos A e B
- e por outra para os grupos C e D.

Débese asistir á sesión expositiva e ás dúas sesións interactivas semanais que correspondan ao grupo asignado.

 

Horarios

Horarios de primeiro curso

 

Calendario académico, datas que se deben ter en conta

Calendario de graos

 

Cando son os exames?

Hai tres períodos:

- Materias do primeiro cuadrimestre: 7 a 23 de xaneiro de 2026

- Materias do segundo cuadrimestre: 18 de maio a 5 de xuño de 2026

- Segunda oportunidade: 22 de xuño a 10 de xullo de 2026

    Calendario de exames de primeiro curso

 

Que son as guías docentes?

Cada materia está descrita nun documento que contempla o temario, forma de avaliación, condicións para superala etc.

As guías docentes son de cumprimento obrigatorio, tanto por parte do profesorado como do estudantado.

É importante, por tanto, coñecer cada guía docente.

Acceso ás guías docentes

 

Que é o UDConline / Campus Virtual / Moodle

É a plataforma de docencia da UDC. Debes consultala con asiduidade.

    https://udconline.udc.gal

 

Como se comunica a UDC e a facultade?

A Facultade, a UDC e o profesorado difundirán a información a través dos seguintes medios:

  • Web da facultade: www.udc.gal/filo
  • Web xeral da UDC: www.udc.gal
  • Correo electrónico institucional. É moi importante acceder con frecuencia ao correo da UDC.
  • Campus Virtual (tamén denominado Moodle)   ➜ Que é UDConline / Campus Virtual / Moodle?
  • Teams (a ferramenta de videochamadas/videoconferencias)
  • Taboleiros (vestíbulo do andar 0 e fronte á administración, portas das aulas e de gabinetes do profesorado)

 

Podo cambiar de grupo?

Si. Hai algunhas condicións e, se é por solapamento de horarios, tamén un prazo de 10 días desde o inicio de cada cuadrimestre.

    Normativa e formularios de solicitude

 

Que fago se non estou nas listaxes de asignación de grupo?

Se non apareces, solicita a túa inclusión mediante o formulario correspondente. Convén que tamén comprobes que todo é correcto na túa matrícula.

 

 
Podo pedir dispensa de ir a clase?

Si, se cumpres con algún dos requisitos necesarios.

Isto está regulado na Normativa de dedicación ao estudo e dispensa académica.

 

Como localizar a un profesor/unha profesora?

Case todo o profesorado ten o seu gabinete no edificio anexo da facultade, ao que se accede desde o aparcadoiro ou a través dun corredor no primeiro andar (a continuación da aula 1.6).

Os correos electrónicos tamén aparecen nas guías docentes.

Horarios de titoría

Teléfonos, correos electrónicos, número de gabinete

 

Teño un titor / unha titora? Que é o Plano de Acción Titorial?

O PAT ofrece a cada estudante o apoio e o acompañamento académico dun/ha profesor/a.

O/a titor/a é a persoa máis axeitada para obter información ou consello sobre aspectos académicos.

A facultade asigna un/ha titor/a a cada grupo de estudantes. Nos primeiros días de setembro infórmase da atribución e invítase ao alumnado ao primeiro encontro co/a titor/a.

 

Onde atopo formularios para solicitudes?

En xeral, nos espazos da web dedicados a cada asunto. Eses son os lugares axeitados para descargalos, porque estarán acompañados de aclaracións ou normativa, alternativas, indicacións sobre lugar de entrega ou envío etc.

Porén, varios formularios están compilados aquí.

 

 

Preguntas, queixas, suxestións, felicitacións e reclamacións

Formulario xeral

Existe un formulario para transmitir preguntas, queixas, suxestións e felicitacións a calquera órgano da UDC. Está accesible na parte inferior de calquera páxina web oficial da universidade (ligazón «Suxestións»).

Este formulario non debe empregarse para reclamacións de cualificacións de materias; estas reclamacións están reguladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitarioPodo reclamar pola avaliación recibida?

 

Preguntas, solicitude de información e suxestións

É conveniente acudir á ➜ administración ou directamente á persoa responsable (➜ Quen fai que na facultade).

 

Podo reclamar pola avaliación recibida?

A reclamación pola avaliación das materias está regulada nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (artigos 27 e seguintes).

Aí están recollidos os motivos polos que é posible reclamar e a forma de facelo.

 

Servizos e instalacións

Administración
  • Situada no andar baixo. Horario: 9.00-14.00, luns a venres
  • Tramita matrículas, cambios de matrícula, solicitudes, certificacións etc.
  • Informa sobre trámites relacionados coas matrículas, recoñecemento de outros estudos etc.

     administracion.filoloxia@udc.es
     (+34) 881 01 17 14   /  881 01 17 15   /  881 01 17 17

 

Conserxaría

• Situada no andar baixo, entre a entrada e a biblioteca (v. plano)

• Solicitude de información xeral:

· Onde están as distintas dependencias
· Onde localizar ao profesorado (v. tamén Como localizar a un profesor/unha profesora)
· Obxectos perdidos

• Para informar sobre incidencias, especialmente de aspectos materiais

     conserxaria.filoloxia@udc.es
     (+34) 881 01 17 13

 

Biblioteca

     biblioteca.fil@udc.gal
     (+34)  881 01 17 12

 


Espazos de traballo en grupo
  • Sala de traballo (primeiro andar, fronte á administración da Facultade de Turismo)
  • 2 salas de traballo para grupos pequenos (na biblioteca; pregunta ao persoal)

 

Servizo de cafetaría, máquinas de autoservizo e comedor

A cafetaría do centro conta coa oferta propia deste servizo, con algúns produtos e un menú a prezos taxados.

No andar 1 hai máquinas de autoservizo de bebidas frías e quentes e algún snack.

Xunto ás máquinas de autoservizo hai un espazo con mesas e forno microondas de libre acceso.

 

situacion_comedor

 

Onde?

Solicitar certificacións académicas

Administración

 
Obter información sobre asuntos académicos

Administración

 

Entregar documentación ou solicitudes

Administración

(Excepto cando se indica que se faga na ➜ secretaría do decanato).

 

Informarme sobre atención personalizada a cada estudante

➜ Plano de Acción Titorial

 

Informarme sobre localización de espazos, de despachos de profesorado etc.

Pregunta en ➜ conserxaría.

 

Obxectos perdidos

Acude á ➜ conserxaría.

 

Notificar avarías, mal funcionamento de algo

Se pensas que é de solución inmediata, faino saber na ➜ conserxaría

Se consideras que é algo cuxo funcionamento debería ser modificado, contacta coa vicedecana responsable de infraestruturas e servizos.

 

Quen fai que na facultade

 

 
 
Relacións internacionais, Erasmus+, mobilidade con universidades españolas

Emma Lezcano González
Vicedecana

    mobilidade.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 011 894

 

 
Responsable de infraestruturas, servizos, medio ambiente

Marta Lago Méndez
Vicedecana

    vicedecanato.infraestruturas.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 011 895

 

 
Responsable de calidade, procedementos, Normalización Lingüística

Fernando González Muñoz
Vicedecano

    vicedecanato.calidade.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 47 09

 

 
Responsable de biblioteca e cultura

Marta Lago Méndez
Vicedecana e directora da biblioteca

    cultura.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 011 712

 

 
Certificacións non académicas

Esperanza Acín Villa
Secretaria da facultade

    secretaria.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 18 34

 

 
Recollida e entrega de documentación (rexistro, alternativa á administración)

Lucía Rodríguez Seco
Secretaría do decanato

    secretaria.decanato.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 18 33
        Localización do decanato

 

 
Reclamacións, queixas, suxestións, outros

Félix Córdoba Rodríguez
Decano

    decanato.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 18 38   /   (+34)  881 01 18 33
        Localización do decanato

 

 
Atención á diversidade, adaptacións

Rosario Mascato Rey
Profesora encargada de atención á diversidade

   rosario.mascato@udc.gal
    pat.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 18 61

 

 

Coordinación de titulacións

Información directa sobre as titulacións e persoas ás que transmitir comentarios, suxestións...

Coordinadora do Grao en Español

Coordinador do Grao en Inglés

Coordinador do Grao en Galego e Portugués

Coordinadora do Mestrado en Lingüística Aplicada (MILA)

Coordinadora do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade (MLCD)

Coordinador do Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados (iMAES)

Coordinadora do Máster en Ensino de Español como Lingua Estranxeira (MELE)

 

 

 
Prácticas de grao

Miguel Alonso Giráldez
Profesor responsable de prácticas extracurriculares

    miguel.giraldez@udc.gal
    (+34)  881 01 18 43

 

 
Representante da Oficina de Igualdade de Xénero

Rosario Mascato Rey
Representante da Oficina de Igualdade de Xénero da UDC na facultade

   rosario.mascato@udc.gal
    (+34)  881 01 18 61

 

 
UDC Saudable en Filoloxía

Emma Lezcano González
Representante da facultade na Comisión de Apoio á UDC Saudable

    emma.lezcano@udc.gal
    (+34)  881 01 18 28

 

 
Teleformación

Carlos Vizcaíno Fernández
Profesor asesor en teleformación

    carlos.vizcaino@udc.gal
    (+34)  881 01 47 65

 

 
Responsable do Plan de Acción Titorial

María Jesús Cabarcos Traseira
Profesora encargada do Plano de Acción Titorial

    pat.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 47 09

 

 
Doutoramento, Departamento de Letras

Administración da Facultade
Andar baixo

    negociado.filoloxia@udc.gal
    (+34)  881 01 18 36

 

Órganos de goberno

Xunta de Facultade

Comisións delegadas da Xunta de Facultade

Equipo decanal

Outras figuras de coordinación