Premios Proxectos Emprendedores Universitarios 2025 / Santander X Spain Awards

A Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander, co ánimo de incentivar a participación da comunidade universitaria da UDC en proxectos emprendedores, convocan tres premios para aqueles proxectos que se atopen en fase de validación para o lanzamento no mercado no curso 2024/25. O programa ofrécelles a cada un dos tres proxectos gañadores:

  • Un premio económico de 2 000 €, destinado ao desenvolvemento da solución emprendedora presentada.
  • Acceso ao premio nacional “Santander X Spain Award | Proyectos Emprendedores Universitarios 2025” e a promoción en plataformas dixitais e redes sociais do Grupo Santander.

Se son do seu interese debe revisar:

O prazo de solicitude permanecerá aberto desde o seguinte día hábil ao da data de publicación da convocatoria da UDC no TEO ata o 22 de abril de 2025

RESUMO DOS REQUISITOS

Despregue o contido premendo en cada título e revise o contido

Terán a condición de candidatos e, por tanto, poderán optar a ser premiados deste Programa os emprendedores, ou equipo de emprendedores, universitarios que cumpran cando menos un dos seguintes requisitos

a. Polo menos un membro do equipo deberá ser estudante ou egresado da UDC nos últimos 5 anos.
b. Polo menos un membro do equipo deberá ser profesor universitario, investigador ou persoal técnico, de xestión e de administracion e servizos na UDC.
c. Polo menos un membro do equipo deberá ter unha vinculación formal coa UDC.
d. Polo menos un membro do equipo deberá ser emprendedor ou mentor actual dentro da UDC.

Adicionalmente e en todo caso:

  • Polo menos un membro do equipo deberá ter a residencia en España.
  • Polo menos unha persoa do proxecto deberá ter vinculación actual coa UDC e deberá ser a que presente a solicitude na plataforma da UDC, segundo o que establece o artigo 5. No caso de ser premiado o proxecto que representa a dita persoa, será quen perciba o importe do premio.
  • Deberán cumprir cos criterios enumerados no apartado relativo á asignación de Premios.

Os proxectos emprendedores deberán cumprir cando menos cun dos seguintes requisitos:

  • Ser un proxecto emprendedor en fase de validación para o seu lanzamento no mercado con potencial de disrupción e altamente escalable que dispoña dun MVP (Produto Mínimo Viable) ou estar constituídos legalmente como empresa que non tivera facturación nin fixera un levantamento de capital
  • Ter un prototipo conceptual que permita a validación da solución con potenciais clientes
  • Ser un proxecto emprendedor enfocado no desenvolvemento e/ou fabricación de novos bens ou servizos para o mercado, utilizando coñecementos científicos ou tecnolóxicos de vangarda
  • Ser un proxecto emprendedor innovador baseado en nova tecnoloxía factible e crible, nova aplicación tecnolóxica, novo modelo de negocio ou novo proceso. A madurez da tecnoloxía será referenciada xunto con calquera patente ou estratexia de IP asociado á solución.

O Xurado valorará aos Participantes Finalistas e elexirá aos proxectos Gañadores en función dos seguientes criterios ponderados:

  • Potencial de impacto: 20% 
  • Escalabilidade: 20%
  • Vantaxe competitiva: 20%
  • Estrutura do equipo: 20%
  • Valoración do pitch: 20%.

O procedemento é integramente telemático.

As persoas candidatas deberán presentar os seus proxectos do seguinte xeito:

  1. Presentación da solicitude na plataforma Santander X:
    1. O nome e a descrición do proxecto deberá coincidir en calquera caso co indicado na memoria do proxecto presentada na plataforma da UDC.
    2. O/a solicitante deberá ser preferentemente a mesma persoa que presente a solicitude na plataforma da UDC. No caso de non ser posible, deberase identificar na solicitude da plataforma da UDC a persoa membro do equipo que vai realizar este trámite.
    3. Pode presentar a solicitude premendo no botón que verá a continuación desta sección.
  2. Presentación da solicitude na plataforma da UDC nun formulario en liña:
    1. Será realizada pola persoa con vinculación coa UDC que sexa a emprendedora do proxecto ou represente o equipo de emprendedores, de acordo co establecido no artigo 3.2 da convocatoria propia da UDC e que se autenticará coas súas credenciais UDC para presentar a solicitude.
    2. No dito formulario en liña solicitarse a seguinte información:
      1. Datos identificativos das persoas participantes no proxecto, para o caso de ser máis dunha, con indicación das persoas que cumpren os requisitos establecidos nas bases reguladoras indicadas no artigo 1.2 da convocatoria propia da UDC
      2. Documento coa memoria do proxecto segundo o establecido no anexo 1 desta convocatoria. A memoria presentarase en formato pdf e deberá estar asinada por todos as persoas membros do equipo, con indicación da persoa que percibirá o premio. Descarga aquí o anexo I en formato editable
      3. Pode presentar a solicitude premendo no botón que verá a continuación desta sección.

En calquera caso, para considerar a solicitude como validamente presentada, deberase presentar nas dúas plataformas indicadas. Será motivo de exclusión da solicitude non formalizala do xeito indicado.

Solicitantes Admitidos e Excluídos

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

As persoas excluídas disporán dun prazo de 5 días hábiles, que comeza a contar a partires do seguinte ao da publicación da lista no Taboleiro da Sede Electrónica da UDC (TEO), para corrixir as deficiencias indicadas e/ou achegar a documentación solicitada; para tal fin deberán empregar a conta de correo electrónico emprego.vee@udc.gal.

Unha vez transcorrido este prazo a UDC publicará a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no TEO

Se ten calquera dúbida pode consultala no enderezo de correo: emprego.vee@udc.es