Probas de selección

As Probas de Selección de Persoal son un complemento da entrevista de selección. Poden aplicarse antes desta para descartar candidatos/as que non cumpren uns requirimentos mínimos previamente establecidos no Perfil Profesional do posto (a través da Análise do Posto de Traballo); ou poden tamén aplicarse tras a entrevista para confirmar a información obtida. En moitas ocasións ocorre que utilízanse de filtro antes de convocar ao/á candidato/a á entrevista personalizada.

Para qué se empregan?

Para avaliar as competencias potenciais do/a candidato/a e a súa adecuación ás características do posto.

Que tipos de probas de selección son os máis comúns?

É usual que cada entidade implemente a súa propia batería de probas e, obviamente, son secretas, pero o que che interesa saber é, máis cás probas concretas, os procesos mentais que hai que pór en funcionamento para as superar.

A súa complexidade e extensión dependerán do tipo e responsabilidade do posto de traballo ao que se opta. Porén, existen uns tipos xenéricos de probas que avalían determinados aspectos intelectuais e de personalidade que son:

  • Tests Psicotécnicos (test de intelixencia xeral e de aptitudes específicas).
  • Tests de Personalidade (que miden trazos do carácter como a introversión / extroversión, intereses vocacionais, pesimismo / optimismo, capacidade de traballo en equipo, liderado, etc.).
  • Probas Profesionais ou de Coñecemento (Exs: realizar un proxecto, un informe, probas de idiomas, informática, arranxo dunha máquina, etc.).
  • Probas intensivas en Centros de Avaliación ou Assessment Center (poden considerarse dinámicas de grupo e profesionais á vez).  

A continuación, dispós de información máis polo miúdo sobre estas probas, especialmente sobre a tipoloxía de exercicios, as aptitudes que avalían, consellos para a súa realización e ligazóns de interese para facer prácticas en liña:

Tests psicotécnicos
Ligazóns de interese para practicar en liña algúns tests psicotécnicos

Tests de personalidade
Ligazóns de interese para practicar en liña algúns modelos de tests de personalidade

Probas profesionais ou de coñecemento

Probas intensivas en centros de avaliación ou assessment center