ELECCIÓN DA FORMA XURÍDICA
Aspectos a ter en conta no momento de efectuar a elección:
- Tipo de actividade que se vai a exercer
- Número de promotores
- Responsabilidade das persoas promotoras
- Necesidades económicas do proxecto
- Aspectos físcais
TIPOS DE FORMAS XURÍDICAS - Características das principais formas xurídicas
Autónomo ou Empresario Individual
- Definición: actividade exercida individualmente por persoa física que exercita directamente ou por medio de representante unha actividade empresarial
- Número de socios: 1
- Capital a achegar: non existe mínimo legal
- Seguridade Social: autónomos
- Responsabilidade dos socios: ilimitada (persoal)
- Denominación: o nome da persoa física titular da actividade
Comunidade de bens
- Definición: asociación de persoas ás que lles pertencen en común uns bens e dereitos indivisos; carente de personalidade xurídica propia
- N.º socios: 2 ou máis
- Capital a achegar: non existe mínimo legal
- Seguridade social: autónomos
- Responsabilidade dos socios: ilimitada (persoal)
- Denominación: a súa denominación non está regulada, poderá adoptar calquera nome.
Sociedade Limitada
- Definición: sociedade de tipo capitalista na que o capital social está integrado por achegas de todos os socios e atópase dividido en participacións iguais, acumulables e indivisibles, que non poden incorporarse a títulos negociables nin denominarse accións.
- N.º socios:1 mínimo
- Capital a achegar: mínimo 3.000 €
- Seguridade social: autónomos para socios traballadores
- Responsabilidade dos socios: limitada ao capital achegado
- Denominación: razón social é libre, debendo figurar necesariamente a indicación Sociedade de Responsabilidade Limitada , Sociedade Limitada ou as súas abreviaturas S.R.L ou S.L . Non se poderá adoptar unha denominación idéntica á dunha sociedade xa existente.
Sociedade limitada nova empresa
- Definición: non é unha forma xurídica independente da S.L. senón que se trata da creación dun marco xurídico simplificado axilizando os trámites de constitución
- N.º socios: mínimo 1 socio / máximo 5 socios
- Capital a achegar: mínimo 3.000 € / máximo 120.000 €
- Seguridade social: socios traballadores R.E.T.A.
- Responsabilidade dos socios: limitada ao capital achegado
- Denominación: constará de dous apelidos e o nome dun dos socios fundadores seguidos dun código alfanumérico. Deberá figurar ademais a indicación "Sociedade Limitada Nova Empresa" ou a súa abreviatura "SLNE".
Sociedade anónima
- Definición: tipo de sociedade capitalista na que o capital está repartido entre moitos socios baixo a forma de accións
- N.º socios: 1 mínimo
- Capital a achegar: mínimo 60.000 €
- Seguridade social: autónomos para socios traballadores
- Responsabilidade dos socios: limitada ao capital achegado (agás o administrador único)
- Denominación: na súa denominación deben figurar as palabras "Sociedade Anónima" ou a súa abreviatura "S.A.".
Sociedade laboral
- Definición: a maioría do capital debe estar en mans dos traballadores da empresa
- N.º socios: mínimo 3, dos que 2 deben ser socios traballadores (con relación laboral por tempo indefinido e a xornada completa)
- Capital a achegar: SLL 3000 € / SAL 60.000 €
- Seguridade social: réxime xeral para socios traballadores
- Responsabilidade dos socios: limitada ao capital achegado
- Denominación:deberá figurar a indicación "Sociedade Anónima Laboral" ou "Sociedade de Responsabilidade Limitada Laboral", ou os seus abreviaturas SAL ou SLL, segundo proceda.
Sociedade cooperativa
- Definición: constituída por persoas que se asocian, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, para realizar actividades empresariais, encamiñadas a satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas e sociais, con estrutura e funcionamento democrático. Prodúcese a máxima integración entre a achega de traballo e capital
- N.º socios: 3 mínimo
- Capital a achegar: mínimo 3.000 € (poden existir achegas voluntarias)
- Seguridade social: elección entre autónomos e o réxime xeral
- Responsabilidade dos socios: os estatutos deben determinala (limitada ou ilimitada)
- Denominación: incluír necesariamente as palabras " Sociedade Cooperativa" ou a súa abreviatura "S.Coop", podendo engadir a expresión "Galega" ou en forma abreviada, "S.Coop. galega".
*A Comunidade Autónoma de Galiza ten competencia en materia de Cooperativas
Consello Galego de Cooperativas