Segundo o convenio asinado pola Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander, convócase a 1ª Edición do Programa de Bolsas Santander Axuda Económica para Prácticas 2026.
Estas bolsas enténdense en concepto de axuda complementaria que recibirá cada estudante beneficiario/a para contribuír a sufragar os custos derivados da realización de prácticas profesionais externas xa realizadas, en proceso ou pendentes de realización, xa sexan curriculares ou extracurriculares, que comecen e rematen durante o ano 2026.
Nesta 1ª edición convócanse 120 bolsas. Cada bolsa terá unha contía de 500 €.
Se son do teu interese, debes consultar a convocatoria publicada no Taboleiro Oficial da Sede Electrónica da UDC (TEO):
O prazo de solicitude permanecerá aberto desde o seguinte día hábil ao da data de publicación da convocatoria da UDC no TEO ata o 16/04/2026 (ás 23:59 h).
Lembra que:
Unha vez remate o prazo de aceptación da bolsas, segundo o caso, deberás realizar un dos seguintes procedementos:
Logo da aceptación da bolsa e nun prazo máximo de 10 días hábiles desda a data final da práctica ou do fin do prazo de aceptación da bolsa (para o caso que xa teñas rematado a práctica con anterioridade), deberás subir o certificado de finalización da práctica asinado pola persoa titora da práctica ou responsable do teu centro de estudos.
Deberás utilizar o modelo que se pode descargar na seguinte ligazón:
Modelo certificación de finalización da práctica
Unha vez cuberto e asinado pola persoa titora da práctica ou responsable do teu centro de estudos, deberás subilo ao formulario ao que podes acceder premendo no seguinte botón:
Se xurdiron situacións que te obrigan a presentar a túa renuncia, debes encher o modelo de renuncia indicando o motivo e asinalo.
Podes acceder ao modelo de renuncia na seguinte ligazón:
Unha vez cuberto e asinado deberás subilo no formulario ao que accederás premendo no seguinte botón:
Se ten calquera dúbida pode consultala no enderezo de correo: emprego.vee@udc.es