Cultura para Ferrolanear

Roteiro. Ferrol coas Irmandades da Fala. 25 de maio as 11:00

Saída: Praza de Amboaxe 11:00 h

INSCRICIÓNS
cultura.ferrol@udc.gal

881 013 697

/cultura/_galeria_imgs/IMG_1510.JPG

 

ROTEIROS PARA FERROLANEAR
FERROL COAS IRMANDADES DA FALA
REXENERANDO S.COOP.GAL


«Porque na instrución ten que estar con
certeza o que nos torne verdadeiramente libres;
o que nos torne verdadeiramente
sinxelos e xustos»
Manuel Fernández Barreiro (1928)


Ferrol tivo unha grande pegada na xestación
e desenvolvemento das Irmandades da Fala
desde o 15 de abril de 1917 (ano da súa
creación): trátouse dunha verdadeira escola de
activista en prol da cultura galega e o
republicanismo.


A lingua foi o medio para espertar a
conciencia nacional; o obxectivo foi estender
o uso do galego na escrita e na fala. Todo por
Galiza e para Galiza.


O roteiro é un paseo que transcorre
polas rúas que aínda falan dos lugares e dos
fitos máis significativos deste movemento,
tamén da música galega e das persoas da
cultura e da arte relacionadas coas
Irmandades da Fala nesta cidade.


ACTIVIDADE DE BALDE
WWW.UDC.GAL/CULTURA

máis información