Conversas coa dirección: Xisela Franco. Formas do EU no cinema documental galego feito por mulleres

Luns 27 de maio ás 19:00 h Centro Cultural Universitario, Ferrol

A Área de Cultura da Universidade da Coruña continúa co ciclo de cine Conversas coa dirección, un proxecto de cita mensual que achega ao público a obra fílmica dos/as distintos/as realizadores/as de cine e documentais convidados/as, e a posibilidade de conversar con eles/as no coloquio posterior á proxección dos seus traballos.

Nesta sesión contaremos co documental Formas do EU no cinema documental galego feito por mulleres e a súa directora Xisela Franco.

 

Sinopse:

A sesión trazará unha viaxe en forma de ensaio poético a través de fragmentos de películas de Xisela Franco que se encaixan dentro das formas documentais en primeira persoa. Así falaremos de etiquetas como o film de ensaio, o documental autobiográfico, o cinema de diario, o autoretrato, ou a autoetnografía , distintas formas de expresión dese cinema persoal. Coa intención de identificarse co contexto contemporáneo máis próximo, ao final tamén falará doutras cineastas galegas que teñen explorado de forma suxestiva ese "cinema do eu".

 

Fragmentos de películas que se proxectarán:

Sculpture (2007)

Anima Urbis (2010)

Día 13 de Julio y día 12 de agosto (2012)

Vía Láctea (2013)

Hyohakusha (2014)

Autorretrato de un mínuto (2016)

Interior, exterior, durante (2016)

 

Sobre a directora: http://www.xiselafranco.com/

Máis información: http://www.xiselafranco.com/about-me/

Se desexas máis información, ponte en contacto con nós por medio dos enderezos de correo cultura.ferrol@udc.gal ou normal@udc.gal; ou ben a través dos teléfonos 881 013 697 (Ferrol), 881 014 502 e 881 014 514 (Normal) en quenda de mañá.
 

Ferrol

Data: luns 27 de maio
Horario: 19.00 h.
Lugar: Centro Cultural Universitario

Entrada de balde

Podes consultar as proxeccións de Conversas coa dirección aquí.

 

Logo Deputación