De novo, a Universidade da Coruña (UDC) pon á disposición do seu alumnado entradas de balde para os concertos organizados pola Sociedad Filarmónica Ferrolana.
Nesta ocasión, as entradas que ofrecemos son para a Orquesta Sinfónica de Galicia que terá lugar o xovés 06 de xuño do 2019, ás 20:30h, no Auditorio de Ferrol.
Cada persoa terá dereito a un máximo de dúas entradas de balde, que se deberán recoller na oficina da Área de Cultura do Centro cultural Universitario do Campus de Esteiro.
Solicitude: Mediante correo electrónico ao enderezo cultura.ferrol@udc.gal, indicando:
As persoas beneficiarias das entradas poderán recollelas na oficina da Área de Cultura do campus de Esteiro, situada no 1.º andar do Centro Cultural Universitario (r/ Dr. Vázquez Cabrera s/n). No momento de o facer, deberán mostrar a tarxeta universitaria.
Condicións:
* Cada persoa terá dereito a retirar ata dúas localidades. Adxudicaranse por estrita orde de petición.
* Todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC quedan excluídas desta oferta de entradas. Só serán entregadas ao alumnado das titulacións oficiais. Tamén quedará excluído o alumnado que non envíe o correo electrónico dende o dominio da universidade ou non se identifique coa tarxeta universitaria.
* Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, polo que no momento da recollida haberá que presentar a tarxeta universitaria.
* As persoas que deixen sen recoller as entradas sen comunicalo previamente por medio do enderezo de correo electrónico cultura.ferrol@udc.gal non poderán participar nos futuros outorgamentos desta tempada.
* Non se poderá facer reserva de ningún tipo das entradas aos concertos.
Para calquera dúbida ou incidencia, pode enviar un correo electrónico ao enderezo cultura.ferrol@udc.gal ou chamar ao teléfono da Área de Cultura: 881 01 3697.