Entre 2021 e 2023, RedIRIS recibiu fondos europeos a través do plan UniDigital, para, entre outras cousas, impulsar novos servizos TIC comúns para as universidades. Nese proceso, RedIRIS interactuou moi estreitamente con CRUE Dixitalización, que fixou as liñas de actuación que logo RedIRIS está a implementar.
Unha destas liñas de actuación ten que ver coa docencia híbrida (presencial e on-line, e, en ambos os casos, interactiva). RedIRIS colaborou nese ámbito co grupo de traballo FOLTE (Formación Online e Tecnoloxías Educativas) de CRUE Dixitalización. O resultado desa colaboración foi a definición e adxudicación de tres proxectos de subministración de solucións innovadoras que melloran a maneira en que se imparten e reciben os contidos educativos. As ferramentas que resultaron adxudicatarias, a través dos seus respectivos distribuidores, son Kaltura, Kahoot! e Genially. Cada unha delas achega características complementarias para a educación interactiva.
Dentro deste Proyecto UniDigital Docencia Híbrida coordinado por RedIRIS para dar servizo a todas as Universidades públicas españolas, a Universidade da Coruña obtivo licenzas das ferramentas Genially, Kahoot!EDU e Kaltura.
A Universidade da Coruña conta con un paquete de 709 licenzas tipo Campus de Genially para o PDI por un periodo de 3 anos (ata setembro de 2027).
Genially é unha ferramenta que permite crear contidos interactivos como materiais docentes ou de comunicació.
A licenza premium conta con bastantes prestacións interesantes como a posibilidade de deseñar un “kit de marca” coa imaxe corporativa, espazo para creacións propias con estudantes ilimitados, espazo colaborativo para traballar con compañeiro/as de facultade, posibilidade de descarga en múltiples formatos dos materiais creados, etc. (+información e axuda).
As licenzas outórganse ao PDI por rigurosa orde de inscrición previa solicitude a través do seguinte formulario
Kahoot! é unha plataforma de aprendizaxe baseada en xogos ou gamificación. Permite crear cuestionarios e xogos interactivos que fomentan a participación activa do estudantado. Esta ferramenta é especialmente útil para avaliar o coñecemento de maneira divertida e dinámica, incentivando a participación e a aprendizaxe colaborativa.
A UDC dispón de 1000 licenzas EDUPro de Kahoot, que estará operativa ata maio do ano 2027.
A licenza EDUPro ten múltiples vantaxes como a participación simultánea de ata 2000 estudantes, o acceso a un banco de imaxes premium, a posibilidade de crear Kahoots privados, a asistencia de IA para xerar cuestionarios, informes de avaliación e integración con UDConline entre outras (+ información e axuda)
As licenzas outórganse ao PDI por rigurosa orde de inscrición previa solicitude a través do seguinte formulario:
Kaltura permite crear contidos audiovisuais interactivos, facilitando a aprendizaxe a través de vídeos enriquecidos con preguntas, enquisas e ligazóns. Os estudantes poderán interactuar directamente co contido, mellorando a súa comprensión e retención da información. Ademais, ofrece ferramentas de análise que permiten monitorizar o rendemento e a participación dos estudantes, adaptando así as súas estratexias pedagóxicas para maximizar o impacto educativo.
Tanto o PDI coma o alumnado da UDC poderá empregar gratuitamente esta ferramenta ata marzo de 2028.
Está integrada no campus virtual da Universidade da Coruña e fornece a cada persoa con un espazo individual denominado Os meus medios/My media que permite tanto o aloxamento de contidos de vídeo externos, como a creación e edición de vídeo propio.
Ademáis, cada materia aloxada no campus virtual conta con un espazo propio para a xestión e entregas de tarefas en vídeo, vídeos interactivos con preguntas e resultados conectados co libro de cualificacións, etc.
Para usar esta ferramenta non é preciso solicitar nada, está integrada en UDConline (ver pestanas superiores: Os meus medios).
Seminarios formativos ao longo do mes de outubro de 2025 (ver info)
As sesións formativas quedarán gravadas e poderán verse nesta ligazón.