Repositorios de documentos en acceso aberto

Repositorios. Creative Commons Attribution 3.0 License (c) Repositorios. Creative Commons Attribution 3.0 License


Repositorios da UDC

RUC. Repositorio da Universidade da Coruña. Sistema que proporciona de forma estable e segura a difusión e preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC.

Zenodo: repositorio que recolle os resultados da investigación, tanto datos como publicacións. Creado por OpenAire e o CERN, co apoio da Unión Europea. En febreiro de 2020 creouse unha comunidade UDC en Zenodo para que o persoal investigador da UDC deposite aí os seus datos de investigación.

Iniciativas e directorios

Busca Repositorios: directorio de repositorios institucionais españois.

COAR (Confederation of Open Access Repositories). É a confederación de repositorios de acceso aberto que une e representa a 90 institucións de todo o mundo. A súa misión é mellorar a visibilidade e lograr unha maior aplicación dos resultados de investigación a través de redes globais de repositorios de acceso dixital aberto.

Hispana: Proxecto do Ministerio de Educación, Cultura y Deportes que é a principal porta de acceso aos repositorios dixitais españoles, ademáis de agregador nacional ó portal Europeana. Acolle as coleccións dixitais máis importantes creadas por arquivos, bibliotecas e museos españois, destacando os repositorios institucionais das universidades españolas, as bibliotecas dixitais de ámbito autonómico e o proxecto de dixitalización da Biblioteca Nacional de España, a Biblioteca Digital Hispánica.

OpenAIRE (Open Access Infraestructure for Research in Europe). Proporciona ferramentas para o depósito das publicacións financiadas pola UE; mecanismos de acceso eficiente a todas as publicacións OA da Unión Europea; soporte en liña para os investigadores que depositan as súas publicacións de investigación; estruturas de apoio para os administradores de repositorios; información sobre as políticas de acceso aberto e as prácticas para investigadores e institucións de investigación.

OpenDOAR: directorio de repositorios de todo o mundo.

Registry of Open Access Repositories (ROAR). Proporciona unha visión bastante ampla do número de repositorios existentes, ademais do software de xestión documental utilizado. Mediante unha das súas ferramentas pódese ver a evolución de cada unha das entradas. O máis destacado da análise que xenera información coa evolución do número de rexistros introducidos no repositorio por mes desde a súa introdución no sistema.

SPARC (The Scholarly Publishing & Academic Resources Coalition). É un proxecto integrado por organizacións, universidades e bibliotecas de investigación que ofrece enlaces e recursos, en acceso aberto, de gran interese para a comunidade académica, as institucións ou incluso para os órganos de goberno. Non é un editor, senón que intervén no proceso de comunicación científica apoiando revistas editadas por investigadores e asociacións. Os recursos ofrecidos inclúen guías, materiais de presentación e os manuais elaborados por SPARC.

 

Repositorios institucionais

Digital.CSIC. Este repositorio institucional pretende reunir documentos de distintos tipos pertencentes a todas as áreas científicas do CSIC, tales como artigos de revistas, capítulos de libros, comunicacións a congresos, documentos de traballo, etc.

DSpace Mit Library. Pertence ás bibliotecas do MIT, é un repositorio institucional, construído para gardar, compartir e buscar os materiais dixitais de investigación do MIT. Inclúe preprints, informes técnicos, working papers, teses, actas de conferencias, imaxes e máis.

E-Ciencia. Plataforma dixital de acceso libre á produción científica, xerada polas universidades públicas da Comunidade de Madrid, que se integran no Consorcio Madroño, e tamén por calquera investigador doutra universidade, institución, OPI, ou de maneira independente, que pretenda e desexe participar na difusión da ciencia en aberto, é dicir, descubrir e transmitir coñecemento á comunidade científica e á sociedade en xeral.

Investigo: repositorio institucional da Universidade de Vigo.

La Referencia: rede latinoamericana de repositorios de acceso aberto que comparte e da visibilidade á producción científica xerada nas institucións de educación superior e de investigación científica.

MetaArxiv: repositorio multidisciplinar mantido por The Berkeley Initiative for Transparency in the Social Sciences (BITSS).

Minerva. Repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela.

Revistas Científicas de la Universidad Complutense de Madrid. O portal de revistas científicas editadas pola UCM está orientado á difusión da investigación e a apoiar a edición electrónica de revistas científicas no marco desta universidade. Pódese consultar e obter o texto completo das 67 revistas editadas polo Servizo de Publicacións, ademais de aquelas revistas editadas polos departamentos da UCM que queren incorporarse a este proxecto de edición dixital.

Revistas Catalanas de Acceso Abierto (RACO). É un depósito cooperativo desde o que se pode consultar os artigos a texto completo de revistas científicas, culturais e eruditas catalanas.

 

Repositorios temáticos

Arquitectura e enxeñaría

Arxiv.org. É un arquivo electrónico automatizado e un servidor de distribución para artigos de investigación. Inclúe: física, matemáticas, ciencias da computación, bioloxía e estatística. É mantido pola Biblioteca da Universidade de Cornell.

NASA Technical Report Server: repositorio de información científico-técnica de temática aeroespacial, física, matemáticas, etc. Contén fundamentalmente informes técnicos, tamén artigos e comunicacións a congresos, realizados en varios centros da NASA, así como documentos a texto completo incluidos en arquivos abertos.

Enxeñaría

Electrical Engineering and Systems Science (EESS): especializado en Enxeñaría Eléctrica e de Sistemas baixo os auspicios de IEEE Signal Processing Society (SPS), e dentro do dominio de ArXiv. Ten como obxectivo recoller as contribucións que abordan os aspectos analíticos e computacionais da Enxeñaría Eléctrica (incluíndo Señais, Sistemas, Comunicacións, Redes e Teoría e Métodos de Información) e a Ciencia de Sistemas nun sentido máis amplo que inclúe a Dinámica de Sistemas e Control.

engrXiv: arquivo aberto de preprints para a enxeñaría, lanzado en xullo de 2016 e aloxado no servidor OSF Preprints do Center for Open Science.

Física

CERN Document Server (CDS): sobre física de altas enerxías e áreas relacionadas, que inclúe tanto referencias como documentos íntegros. Inclúese produción científica do CERN, así como outra literatura recopilada pola institución.

Informática

CiteSeerX: especializado en informática ou computación con sistema de análise de citas. Recolle mediante acceso aberto documentos electrónicos a texto completo (prepublicacións sen revisar, informes, comunicacións de congresos, artigos de revistas, etc.). Inclúese abundante información sobre documentos relacionados.

Computing Research Repository (CoRR): parte do repositorio de e-prints arXiv, contén documentos en diferentes áreas da computación.

 

Ciencias

AgriRxiv: repositorio de prepublicacións de agricultura

EarthArxiv: repositorio de xeociencias

paleorXiv: repositorio de paleontoloxía

Bioloxía

BioRxiv: arquivo en liña para prepublicacións de artigos científicos do eido da bioloxía, mantido polo Cold Spring Harbor Laboratory (CSHL).

Química

ChemRxiv: repositorio de acceso aberto para preprints inéditos en química e áreas relacionadas.

Crystallography Open Database (COD): colección de acceso aberto de estruturas cristalinas de compostos orgánicos, inorgánicos, organometálicos e de minerais, salvo biopolímeros.

 

Ciencias da saúde

Europe PMC: repositorio que proporciona acceso a artigos, libros, patentes e guías clínicas de ciencias da vida en todo o mundo.

Pubmed: arquivo dixital de traballos de investigación en bioloxía, medicina e ciencias da saúde. Funciona como un servizo de busca bibliográfica da National Library of Medicine en colaboración con outras institucións. Dá acceso a máis de 11 millóns de referencias de Medline, PreMedline e outras bases de datos relacionadas.

Psicoloxía

Cogprints: repositorio de artigos de investigación a texto completo de Psicoloxía, Neurociencias, Lingüística e áreas afíns.

MindRxiv: arquivo aberto do ámbito da psicoloxía aloxado no servidor OSF Preprints do Center for Open Science.

PsyArXiv: repositorio de preprints para a psicoloxía, creado pola Society for the Improvement of Psychological Science (SIPS) e o Center for Open Science (COS). Aloxado temporalmente no OSF Preprints, a súa interface definitiva está en desenvolvemento.

PsyDok: repositorio open access de psicoloxía, creado co apoio da Saarländische Universitäts- und Landesbibliothek (SULB)

Nutrición

NutriXiv: repositorio de prepublicacións de ciencias da nutrición

Ciencias do deporte e da educación física

SportRxiv: repositorio de preprints relacionados co deporte e o exercicio

 

Ciencias sociais e xurídicas

Social Science Research Network (SSRN): maior repositorio de investigación en ciencias sociais

SSOAR: Social Science Open Access Repository. Repositorio de acceso aberto para as ciencias sociais mantido por GESIS – Leibniz Institute for the Social Sciences, Está certificado pola  German Initiative for Network Information (DINI), organismo que asegura a estandarización e a calidade dos repositorios abertos. 

Dereito

LawArXiv (Legal Scholarship in the Open): proporciona arquivos de acceso aberto á investigación legal. Desenvolvido por tres consorcios de bibliotecas de dereito (Legal Information Preservation Alliance, Mid-American Law Library Consortium y NELLCO Law Library Consortium Inc) e pola Cornell Law Library.

Economía

RePEc (Research Papers in Economics): esforzo colaborativo de centos de voluntarios en 82 países para mellorar a difusión da investigación en Economía e ciencias relacionadas.

Socioloxía

SocArXiv: arquivo aberto das ciencias sociais nacido na Universidade de Maryland en xullo de 2016 e aloxado no servidor OSF Preprints do Center for Open Science.

 

Artes e humanidades

Arte

ART-Dok: repositorio, xestionado pola Biblioteca da Universidade de Heidelberg, do servizo de información especializada sobre arte, arthistoricum.net. Permite a investigadores de todo o mundo publicar os seus textos (monografías, artigos, relatorios) de xeito gratuíto. Por agora, conta con 4.300 traballos.

Información e documentación

Archive Ouverte en Sciences de l'Information et de la Communication. Repositorio que contén literatura sobre ciencias da información na súa maior parte en idioma francés.

CORE: Open Access for the Humanities: repositorio da red Humanities Commons, dirixida a investigadores, profesores e bibliotecarios especializados nas humanidades.

E-LIS: E-prints in Library and Information Science. É un arquivo de acceso aberto para documentos científicos ou técnicos, publicados ou non, sobre biblioteconomía, ciencias da información e tecnoloxía, e outras áreas relacionadas.

LISSA (LIS Scholarship Archive): especializado en Biblioteconomía, Ciencias da Información e campos afíns.

 

Repositorios centralizados

Archive ouverte HAL. HAL é un arquivo aberto desenvolvido polo CCSD (Centre pour la Communication Scientifique Directe) onde os autores poden depositar documentos académicos de calquera disciplina.

Core: agregador que fai accesible ao público o contido artigos open access de repositorios e revistas de todo o mundo.

GitHub é un servizo de aloxamento de repositorios baseado en Git, o software de control de versións deseñado por Linus Torvalds. GitHub dispón ademais de interfaz gráfica para web e móbil, e ofrece control de acceso, wikis, xestión de tarefas e sistema de seguimento de erros para cada proxecto. Centos de institucións gubernamentais empregan GitHub para almacenar e difundir os seus datos abertos.

OAIster. Proxecto de OCLC. É un catálogo colectivo de millóns de rexistros de fontes de acceso aberto, que se recolectan desde coleccións de acceso aberto de todo o mundo empregando Open Archives Initiative Protocol for Metadata Harvesting (OAI-PMH). Inclúe máis de 25 millóns de rexistros, de máis de 1100 colaboradores.

OpenGrey Repository. Repositorio que pertence á rede GreyNet. Sistema para Información sobre Literatura Gris en Europa (SIGLE, System for Information on Grey Literature in Europe), ofrece acceso aberto a máis de 700.000 referencias bibliográficas de literatura gris (en papel) producida en Europa e permite exportar rexistros e localizar os documentos. Inclúe informes de investigación, teses de doutoramento, publicacións oficiais, papers de conferencias e outro tipo de literatura gris. Cubre os campos de ciencia, tecnoloxía, biomedicina, economía, ciencias sociais e humanidades. Inclúe preprints das GL conferences (GreyNet International) a texto completo.

OSF Preprints: servizo do Center for Open Science (COS) a través da plataforma web Open Science Framework, que permite buscar traballos en PeerJ, engrXiv, arXiv, BioRxiv, PsyArXiv, RePEc e SocArXiv, entre outros. Almacena e permite subir directamente prepublicacións a engrXiv e SocArXiv

Recolecta. Iniciativa conxunta da Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN) e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECyT) que ten como obxectivo principal promover a publicación en acceso aberto dos traballos de investigación que se desenvolven nas distintas institucións académicas españolas e facilitar o seu uso e visibilidade á vez que proporciona ferramentas para a creación de contidos en acceso aberto.

Repositorio Español de Ciencia y Tecnología (RECYT): repositorio da FECYT de xestión, edición e acceso ao contido de revistas cientí­ficas españolas de calidade contrastada.