SciFinder-n

Acceso:

Rede UDC (rexistro)

Rede UDC (acceso)

Información:

  • Materia: química e ciencias da saúde
  • Contido: referencias bibliográficas e resumos de artigos, patentes, actas de congresos, informes, teses e libros. Permite buscas por estrutura, substancias químicas ou reaccións, autor, palabra-clave, entidades, título da publicación, etc. Acceso a CAplus e a Medline. CAplus cobre a literatura química, enxeñaría química e áreas afíns; Medline, referencias de artigos de ciencias da saúde. Ofrece acceso a:
    • Patenpak: ferramenta que permite localizar as substancias clave dunha patente. Permite descargar a patente en formato PDF buscable, permitindo facer buscas textuais dentro da patente.
    • MethodsNow Synthesis: (protocolos sintéticos) ofrece información detallada sobre as reaccións, o seu procedemento, táboa de productos, reactivos, etc.
    • Retrosynthesis: permite facer retrosíntese, é decir pedirlle a Scifinder-n que ofreza unha ruta de síntese para a molécula obxectivo (substancia que se quere sintetizar).
  • Cobertura: CAplus, 1907- ; Medline, 1958-
  • Idioma: inglés
  • Termos de uso: a Biblioteca da UDC dispón dun número ilimitado de licenzas desta base de datos; é dicir, non hai un límite de usuarios rexistrados concorrentes

Axuda:

Guía para o rexistro

Titoriais