Presentación do xerente da UDC

Este ano organizamos na Universidade da Coruña-UDC as 33 Xornadas de Xerencia, unha iniciativa da CRUE que cada ano nos permite compartir tanto ás universidades públicas como privadas os principais retos xerenciais do noso sistema universitario.

Nun ciclo económico de gran dureza para o financiamento dos servizos públicos, cun forte impacto no sistema universitario, debateremos sobre as políticas autonómicas de financiamento universitario, sobre o novo decreto "3+2" e analizaremos os últimos datos da Universidade Española en Cifras; abordaremos tamén o novo programa marco da Unión Europea para o financiamento do I+D+i e os novos procedementos de compra pública innovadora. Desenvolveremos, como en edicións anteriores, obradoiros que contribúan a fortalecer as nosas ferramentas de xestión e a nosa visión estratéxica.

Esperamos que este programa sexa do máximo interese para todas as persoas involucradas na xerencia das universidades e interesados en xeral.

Dámosvos a benvida á Coruña e á nosa universidade.

Un saúdo cordial

Juan M. Díaz Villoslada