Debes ir o máis axiña posible á ORI (Oficina de Relaciones Internacionales) para xustificar a túa chegada e realizar varios trámites.
A ORI está situada na Casa do Lagar, no Campus de Elviña (parada do bus máis próxima ao estadio da UDC).
➜ Casa do Lagar en Google Maps
Previamente é necesario que concertes unha cita:
Hai que considerar o seguinte:
- O estudantado de 1.º e 2.º cursos e do Grao en Inglés está dividido en grupos.
- Algunhas materias optativas do Grao en Español tamén contan con dous grupos de docencia.
- Cada grupo ten un esquema de clases diferente.
➜ Materias de 1.º curso
➜ Materias de 2.º curso
➜ Materias de 3.º e 4.º cursos
➜ Horarios
- Cada estudante ten asignado un grupo, identificado por unha letra (A, B, C, D).
- A asignación publícase na páxina web da facultade, no espazo de cada grao:
Grao en Español | Grao en Galego e Portugués | Grao en Inglés
- Despois de cada período de matrícula actualízanse as listaxes de asignación de grupo.
➜ Que fago se non estou nas listaxes de asignación de grupo?
Todas as materias de 1.o son cuadrimestrais, é dicir, impártense de setembro a decembro ou de finais de xaneiro a maio (➜ Calendario académico).
As materias de 1.ᵒ teñen a seguinte estrutura semanal:
- 2 horas de sesión expositiva
- 2 sesións interactivas de 1 hora cada unha
As sesións expositivas son conxuntas:
- por unha banda, para os grupos A e B,
- e por outra para os grupos C e D.
Débese asistir á sesión expositiva e ás dúas sesións interactivas semanais que correspondan ao grupo asignado.
As materias de 2.ᵒ teñen a seguinte estrutura semanal (con algunhas excepcións):
- 2 horas de sesión expositiva
- 2 sesións interactivas de 1 hora cada unha
As sesións expositivas son conxuntas:
- por unha banda, para os grupos A e B,
- e por outra para os grupos C e D.
Dábese asistir á sesión expositiva e ás dúas sesións interactivas semanais que corresponden a cada grupo.
Excepcións
Literatura Española e Literatura Galega ten unha distribución especial, con sesións expositivas de 90 minutos ao longo de todo o curso.
As materias obrigatorias impártense de 8.30 a 15.30 h e ten a seguinte estrutura semanal:
- 1 sesión expositiva de 90 minutos
- 2 sesións interactivas de 1 hora, que poden realizarse nunha única sesión de 120 minutos
No Grao en Inglés existen dous grupos de docencia interactiva (A e B). Débese asistir ao asignado (v. listaxes de asignación de grupo).
As materias optativas impártense polas tardes (16.30-20.30) e ten a seguinte estrutura semanal:
- 1 sesión expositiva de 1 hora
- 1 sesión interactiva de 1 hora
Algunhas materias optativas contan con dous grupos de docencia interactiva (A e B). Cómpre ir ao grupo asignado (v. as listaxes de asignación de grupo [Grao en Inglés]).
Dispoñibles no lugar da web dedicado a cada titulación:
Grao en Español | Grao en Galego e Portugués | Grao en Inglés
Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade | Mestrado en Lingüística Aplicada | Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados
a) Se un cambio de grupo resolve o problema, solicítao (➜ Podo cambiar de grupo?)
b) Cambia o teu contrato de aprendizaxe. Contacta co teu titor/coa túa titora de intercambio na túa universidade de procedencia e na UDC (➜ Teño un titor na UDC?).
Se es estudante de intercambio (Erasmus, SICUE etc.), é doado que o proceso do teu contrato de aprendizaxe tome certo tempo. Por favor, solicita a asignación de grupo incluso se a matrícula ou os cambios no contrato de aprendizaxe aínda non están realizados.
Ten en conta que só se asigna grupo nas materias en que as sesións interactivas están divididas en grupos.
Si. Hai algunhas condicións e, se é por solapamento de horarios, tamén un prazo de 10 días desde o inicio de cada cuadrimestre.
Normativa e formulario de solicitude
Hai tres períodos:
- Materias do primeiro cuadrimestre: 7 a 24 de xaneiro de 2025
- Materias do segundo cuadrimestre: 19 de maio a 5 de xuño de 2025
- Segunda oportunidade, para todas as materias: 19 de xuño a 11 de xullo de 2025
As datas dos exames de cada materia están dispoñibles na sección da web de cada grao:
Grado en Español | Grado en Gallego y Protugués | Grado en Inglés
➜ Que fago se coinciden dous exames?
Pódese solicitar o cambio de data do exame da materia do curso superior (todos os detalles, así como o formulario para a solicitude, están na Normativa de cambio de exames por solapamento).
O estudantado do programa Erasmus+ dispón dun mes (até o 5 de outubro) para realizar cambios nos seus contratos de aprendizaxe nas materias do primeiro cuadrimestre. Asimesmo, ao comezo do segundo cuadrimestre poderase podificar o contrato de aprendizaxe até o 2 de marzo.
Para realizar os cambios precísase a sinatura da coordinadora da facultade (Dra. Elizabeth Woodward); por favor, para acordar un encontro para asinar eses cambios escribe a mobilidade.filoloxia@udc.gal.
Se precisas algunha indicación sobre as materias que podes escoller, consulta co/coa titor/a correspondente á túa universidade de procedencia: Exchange programme tutor corresponding to your home institution.
Cada materia está descrita nun documento que contempla o temario, forma de avaliación, condicións para superala etc.
As guías docentes son de cumprimento obrigatorio, tanto por parte do profesorado como do estudantado.
É moi importante, por tanto, coñecer cada guía docente.
Acceso ás guías docentes:
Máster en Estudos Ingleses Avanzados
Mestrado en Lingüística Aplicada
Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade
É a plataforma de docencia da UDC. Debes consultala con asiduidade.
A Facultade, a UDC e o profesorado difundirán a información a través dos seguintes medios:
Case todo o profesorado ten o seu gabinete no edificio anexo da facultade, ao que se accede desde o aparcadoiro ou a través dun corredor no primeiro andar (a continuación da aula 1.6).
Os correos electrónicos tamén aparecen nas guías docentes.
Teléfonos, correos electrónicos, número de gabinete
O estudantado de intercambio ten asignado un titor dependendo da universidade de procedencia.
Existe un formulario para transmitir preguntas, queixas, suxestións e felicitacións a calquera órgano da UDC. Está accesible na parte inferior de calquera páxina web oficial da universidade (ligazón «Suxestións»).
Este formulario non debe empregarse para reclamacións de cualificacións de materias; estas reclamacións están reguladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario ➜ Podo reclamar pola avaliación recibida?
É conveniente acudir á ➜ administración ou directamente á persoa responsable (➜ Quen fai que na facultade).
A reclamación pola avaliación das materias está regulada nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (artigos 27 e seguintes).
Aí están recollidos os motivos polos que é posible reclamar e a forma de facelo.
✉ administracion.filoloxia@udc.es
✆ (+34) 881 01 17 14 / 881 01 17 15 / 881 01 17 17
• Situada no andar baixo, entre a entrada e a biblioteca (v. plano)
• Solicitude de información xeral:
· Onde están as distintas dependencias
· Onde localizar ao profesorado (v. tamén Como localizar a un profesor/unha profesora)
· Obxectos perdidos
• Para informar sobre incidencias, especialmente de aspectos materiais
✉ conserxaria.filoloxia@udc.es
✆ (+34) 881 01 17 13
✉ biblioteca.fil@udc.gal
✆ (+34) 881 01 17 12
A cafetaría do centro conta coa oferta propia deste servizo, con algúns produtos e un menú a prezos taxados.
No andar 1 hai máquinas de autoservizo de bebidas frías e quentes e algún snack.
Xunto ás máquinas de autoservizo está dispoñible un espazo con mesas e forno microondas de libre acceso.
(Excepto cando se indica que se faga na ➜ secretaría do decanato).
Pregunta en ➜ conserxaría.
Acude á ➜ conserxaría.
Se pensas que é de solución inmediata, faino saber na ➜ conserxaría
Se consideras que é algo cuxo funcionamento debería ser modificado, contacta coa vicedecana responsable de infraestruturas e servizos.
Emma Lezcano
Vicedecana
✉ mobilidade.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 011 894
Marta Lago Méndez
Vicedecana
✉ vicedecanato.infraestruturas.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 011 895
Fernando González Muñoz
Vicedecano
✉ vicedecanato.calidade.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 47 09
Marta Lago Méndez
Vicedecana e directora da biblioteca
✉ cultura.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 011 712
Esperanza Acín Villa
Secretaria da facultade
✉ secretaria.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 34
Silvia Pintos Señoráns
Secretaría do decanato
✉ secretaria.decanato.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 33
Félix Córdoba Rodríguez
Decano
✉ decanato.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 38 / (+34) 881 01 18 33
Rosario Mascato
Profesora encargada de atención á diversidade
✉ rosario.mascato@udc.gal
✉ pat.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 61
María Jesús Cabarcos
Profesora encargada do Plano de Acción Titorial
✉ pat.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 47 09
Información directa sobre as titulacións e persoas ás que transmitir comentarios, suxestións...
Coordinadora do Grao en Español
Coordinador do Grao en Galego e Portugués
Coordinadora do Mestrado en Lingüística Aplicada (MILA)
Coordinadora do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade (MLCD)
Coordinador do Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados (iMAES)
Coordinadora do Máster en Ensino de Español como Lingua Estranxeira (MELE)
Miguel Alonso Giráldez
Profesor responsable de prácticas extracurriculares
✉ miguel.giraldez@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 43
Emma Lezcano
Representante da facultade na Comisión de Apoio á UDC Saudable
✉ emma.lezcano@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 28
Carlos Vizcaíno Fernández
Profesor asesor en teleformación
✉ carlos.vizcaino@udc.gal
✆ (+34) 881 01 47 65
Unidade de Apoio aos Departamentos e á Investigación (UADI)
Despacho 103, 1.o andar
✉ uadi.filoloxia@udc.gal
✆ (+34) 881 01 18 36 / (+34) 881 01 18 93
Comisións delegadas da Xunta de Facultade
Outras figuras de coordinación