Materias

1o cuadrimestre

Producir é planificar, organizar e controlar un proxecto audiovisual.

A produción é o proceso de procura, selección e xestión daqueles recursos financeiros, humanos e materiais necesarios para transformar unha idea -concibida ou adquirida- nun produto audiovisual, sexa unha longametraxe, unha serie de televisión, un programa de entretemento ou un videoxogo (Pardo, 2014).

Nesta materia estúdanse os elementos estruturais e os códigos formais e expresivos aplicables á narración gráfica e audiovisual.

A materia pretende formar ao alumnado na evolución histórica, con perspectiva xeopolítica, social e cultural, da industria do videoxogo e a animación, desde os comezos de ambas ata a época actual; adquirindo ao final da mesma un coñecemento básico dos creadores e obras de referencia de cada época e área xeográfica, así como dos avances técnicos nos que se fundamenta o seu desenvolvemento.

Representación gráfica corporal orientada a proxectos 3D. Anatomía artística, concepto e deseño de personaxes.

Nesta materia estúdase o proceso de creación de modelos 3D dixitais para o seu uso en productos de animación ou videoxogos.

Aplicaránse na práctica diversas técnicas e ferramentas para conseguir os resultados desexados en cada caso e estudaranse as propiedades que deben cumprir eses modelos para adecuarse ao uso que se lles vaia dar (render off-line ou render en tempo real).

2o cuadrimestre

No deseño de contornas e arte de concepto, explórase, planifícase e comunícase o desenvolvemento visual dunha idea.

O proceso de elaboración comeza con bosquexos ou thumbnails, compróbase a través de iteracións e defínese mediante resolucións artísticas e técnicas, dependendo da súa finalidade.

Recoméndase ter cursado Debuxo anatómico.

A partir da análise dos 12 principios clásicos, o alumnado aprenderá os conceptos e as técnicas esenciais de animación. Coñecerán os aspectos básicos do movemento, tanto técnicos como expresivos. Ademais, serán capaces de crear sistemas de controis adecuados para poder animar modelos tridimensionales.

Recoméndase ter cursado Modelaxe 1.

O obxectivo desta asignatura é que o alumnado coñeza o proceso de xeración de imaxes mediante computador (render). O alumnado será capaz de analizar as propiedades ópticas dos materiais, para reproducirlas en imaxes sintéticas mediante diversas técnicas de iluminación.

Tamén será capaz de aplicar imaxes como textura para controlar as diferentes propiedades dos materiais. Aprenderase a crear e configurar cámaras virtuais para a xeración de imaxes sintéticas emulando o comportamento das cámaras na realidade.

Recoméndase ter cursado Modelaxe 1.

Nesta materia impártense coñecementos básicos de programación.

Materia que imparte os fundamentos básicos da xeración de gráficos por computador.

1o cuadrimestre

A elaboración do guión é o paso previo necesario en calquera procedemento de produción audiovisual.

Nesta asignatura, o alumnado introducirase nas técnicas, estratexias e formatos necesarios para iniciar a súa faceta de guionista.

Recoméndase ter cursado Produción da animación e o videoxogo.

O director é o responsable da posta en escena, así como de o que ve o espectador. É a cabeza narrativa da produción.

A persoa responsable de dirección está presente en todas as fases do proceso especialmente, por exemplo, nas áreas de Guión, Storyboard, Cinematografía, Actuación/Animación, Arte conceptual, Color e Iluminación, Edición e Postprodución, etc.

Recoméndase ter cursado Linguaxe e narrativa gráficas e audiovisuais, Deseño de produción para animación e videoxogos, Historia da animación e os videoxogos Produción da animación e o videoxogo.

O Deseño de Producción e o departamento que determina o contenido visual e estético dun proxecto audiovisual. Toma tódalas decisións sobre a forma, o color, o tratamento e en definitiva, o estilo plástico da producción, traballando en estreita relación co director.

Recoméndase ter cursado Linguaxe e narrativa gráficas e audiovisuais, Debuxo de contornas e arte de concepto Materiais e iluminación.

Creación de modelos xeométricos tridimensionales orgánicos, para a súa aplicación na industria da animación, os videoxogos, e outras como os efectos especiais para cinema e TV, a visualización en arquitectura, etc.

Enfocando na importancia da topoloxía para preparar os modelos para a súa correcta deformación en animación, e un custo baixo en recursos computacionais, especialmente en usos interactivos como os videoxogos.

Recoméndase ter cursado Modelaxe 1, Debuxo anatómico e Debuxo de contornas e arte de concepto.

Desenvolvemento de modelos orgánicos para a súa animación: creación de esqueletos e controis avanzados, aplicación de constrinximentos, utilización de solucións combinadas de cinemática directa e inversa e vinculación adecuada da xeometría do modelo 3D ao esqueleto.

Recoméndase ter cursado Modelaxe 1, Debuxo anatómico e Animación 1.

2o cuadrimestre

O alumnado aprenderá os fundamentos básicos de programación orientada a obxectos e será capaz de comparalos con outros paradigmas de programación.

Recoméndase ter cursado Fundamentos de programación.

Animación de personaxes. Mecánica corporal. Introducción ó acting e ás expresións faciais.

Recoméndase ter cursado Animación 1, Animación 2Debuxo anatómico.

O obxectivo da materia e formar ao alumnado nos rudimentos técnicos da edición de vídeo ao tempo que complementar e afondar na súa formación na linguaxe audiovisual.

Centrarase de forma especial en amosar a diferencia da edición e montaxe nunha produción de imaxe real e nunha produción de animación, vendo os procedementos en cada unha destas disciplinas.

Recoméndase ter cursado Linguaxe e narrativa gráficas e audiovisuais, Dirección e realización, Deseño SonoroProdución da animación e o videoxogo.

A materia 'Deseño sonoro' brinda a formación que permita ao alumnado coñecer e analizar os compoñentes do son e as súas posibilidades expresivas, tanto en contidos sonoros como na súa relación coa imaxe; manexar os códigos sonoros e da música en animación e videoxogos, nos seus diferentes xéneros e formatos; e abordar o deseño sonoro íntegro destes produtos audiovisuais atendendo a cuestións de tipo narrativo, estético e funcional.

Recoméndase ter cursado Linguaxe e narrativa gráficas e audiovisuais.

Desenvolvemento dun proxecto de animación 3d, desde a conceptualización da idea ata a presentación final.

Recoméndase ter cursado Linguaxe e narrativa gráficas e audiovisuais, Guión, Dirección e realización, Modelaxe 2, Animación 2, Deseño sonoro, Debuxo de contornas e arte de concepto, Debuxo anatómico, Historia da animación e os videoxogos, Modelaxe 1, Materiais e iluminación, Produción da animación e o videoxogoAnimación 1.

1o cuadrimestre

O alumnado aprenderá a integrar historias lineais ou non lineais dentro dun videoxogo. Para iso aprenderá a utilizar os distintos elementos narrativos aplicables nun videoxogo e a combinalos coa xogabilidade co fin de crear un contexto narrativo que permita crear unha experiencia de xogo máis enriquecedora.

O alumnado tamén aprenderá a deseñar interfaces visuais de retroalimentación dun videoxogo, así como a deseñar sistemas de interacción adecuados mediante interfaces físicas como mandos, teclados, etc. Ao acabar a materia coñecerán como deseñar, avaliar e corrixir a usabilidade das devanditos interfaces e sistemas, así como a experiencia de usuario do xogo.

Recoméndase ter cursado Linguaxe e narrativa gráficas e audiovisuaisGuión, e Deseño de produción apra animación e videoxogos.

A materia ten como obxectivo un achegamento ao sector da animación e do videoxogo desde unha perspectiva económica e industrial.

Os contidos de animación e os videoxogos xéranse nun contexto industrial e, para o seu estudo, convén unha visión integradora, xa que poden considerarse ao mesmo tempo unha forma de expresión artística, unha actividade industrial suxeita a leis comerciais e un medio de difusión de ideas con impacto cultural e social.

Recoméndase ter cursado Historia da animación e os videoxogosProdución da animación e o videoxogo.

O alumnado formarase no uso dos distintos compoñentes dun motor de videoxogos, cos que aprenderá a desenvolver os distintos tipos de elementos que conforman a contorna visual.

Para iso aplicará as técnicas específicas de gráficos en tempo real de uso común neste campo. Tamén aprenderá a preparar elementos interactivos a través da programación visual.

Recoméndase ter cursado Programación orientada a obxectosModelaxe 2Debuxo de contornas e arte de conceptoGráficos por computadorModelaxe 1Fundamentos de programaciónMateriais e iluminaciónAnimación 1.

O obxetivo é adquirir coñecementos sobre os procesos de creación de efectos visuais mediante técnicas de rotoscopía, animación de máscaras e o uso de keying, así como en distintas ferramentas de composición 3D e sistemas de partículas.

Tamén adquirirán coñecementos sobre os procesos avanzados de integración 3D, tanto de elementos tridimensionais xerados mediante computador sobre contornas reais como de inclusión de elementos de imaxe real en contornas dixitais. Para iso formarase nas técnicas de obtención de movementos de cámara a partir de imaxe de vídeo e axuste de movemento aplicados a contornas e elementos 3D.

Recoméndase ter cursado Linguaxe e narrativa gráficas e audiovisuaisEdición e montaxeDeseño sonoro Materiais e iluminación.

O obxectivo desta materia é que o alumnado aprenda os conceptos básicos de deseño dun xogo, así como a crear unha experiencia lúdica para un videoxogo.

O alumnado aprenderá a deseñar a xogabilidade combinando distintas mecánicas e regras de xogo e integrándoas nos espazos ou niveis de xogo. Tamén coñecerán distintas técnicas para manter a motivación e interese do xogador.

Recoméndase ter cursado Deseño de produción para animación e videoxogos.

2o cuadrimestre

O alumnado aprenderá como funciona un motor de videoxogos e como se programa dentro dun motor.

Recoméndase ter cursado Programación orientada a obxectos Fundamentos de programación.

O alumnado avanzará no uso dos distintos compoñentes dun motor de videoxogos, cos que aprenderá a desenvolver distintos sistemas de xogo, mecanismos de interacción en pantalla, xestión de niveis e secuencias cinemáticas, así como mellorar a experiencia de usuario.

Recoméndase ter cursado Desenvolvemento de videoxogos 2.

O audio e a música son dous compoñentes fundamentais na comunicación audiovisual. Nesta materia facilitarase ao alumnado coñecemento e experiencia nos múltiples procedementos e medios técnicos empregados na creación, produción, edición e integración de audio e música en distintos produtos audiovisuais.

O obxectivo deste curso é que o alumnado aprenda a crear personaxes e dotalos do aspecto requirido dentro dun motor de videoxogos. O alumnado aprenderá a introducir os devanditos modelos no motor, configuralos adecuadamente, combinalos e optimizalos para conseguir o mellor rendemento.

Tamén aprenderá a manexar personaxes dentro dun motor de videoxogos e proporcionarlles o comportamento requirido a partir das accións do xogador ou de maneira autónoma.

Recoméndase ter cursado Animación 2Animación de personaxesMateriais e iluminaciónAnimación 1.

Realización dun proxecto sinxelo de videoxogo en todas as súas fases.

Recoméndase ter cursado Deseño narrativo e de interfacesDesenvolvemento de videoxogos 1Programación orientada a obxectosDeseño de niveis e xogabilidadeModelaxe 2 Animación 2.

1o cuadrimestre

A creación de empresas é unha das actividades máis importantes no desenvolvemento económico dun territorio. As empresas con maior potencial de crecemento adoitan ser aquelas creadas por persoas cun maior nivel de estudos e capacidade para identificar oportunidades e xestionar eficientemente un proxecto empresarial.

O obxectivo deste curso é ofrecer unha visión completa do entorno e do proceso emprendedor co fin de dotar ao alumnado de coñecementos e ferramentas útiles para desenvolver os seus propios proxectos.

Esta asignatura está baseada e orientada ao manexo do Inglés ao nivei B2. O alumnado traballará na mellora das suas destrezas lingüísticas no contexto da creación dixital, animación e videoxogos.

O obxectivo da materia é que o alumnado domine os coñecementos planificación de márketing aplicados ao mercado de videoxogos. Con esta premisa centrarémonos na análise da demanda, a competencia e o comportamento do consumidor.

O alumnado terá que ser capaz de dominar as técnicas para coñecer as necesidades dos clientes, localizar novos nichos de mercado, identificar e valorar segmentos de mercado futuros e deseñar un plan de actuación para conseguir os obxectivos marcados.

Deseño e desenvolvemento de videoxogos 2D.

Introdución aos conceptos, linguaxes, métodos, tecnoloxías e procesos de creación para a produción artística a través das novas tecnoloxías.

Esta materia pretende dotar ao alumnado dos coñecementos precisos para analizar os compoñentes da interpretación de personaxes animados e as súas posibilidades expresivas corporais e faciais en diversos xéneros e formatos.

Recoméndase ter cursado Animación 1, Animación 2 e Animación de Personaxes.

O obxectivo da materia é dar a coñecer as técnicas e conceptos da animación vectorial.

O alumnado coñecerá os fundamentos e ferramentas de animación para creación dixital e videoxogos 2D, así como a linguaxe específica da materia.

Recoméndase ter cursado SonSector da animación e o videoxogo.

A materia permite ao alumnado comprender a importancia de crear produtos de animación e videoxogo enfocada a distintos públicos.

Nela analizarán os perfís de consumidores destes produtos para comprender as súas motivacións, gustos e interese de modo que se definan as públicos/audiencias dunha maneira máis efectiva. Ponse especial énfase nas ferramentas para realizar esta prospectiva do mercado.

Nesta materia optativa profundízase no proceso de elaboración e xeración da apariencia dos materiais (material appearance & shading). Trátase dun dos procesos fundamentais dentro do pipeline de gráficos 3-D e que resulta determinante na apariencia final das imaxes sintéticas xeradas por computador. Nesta optativa ampliaranse os conceptos básicos introducidos na materia obligatoria de "materiais e iluminación", e o alumnado aprenderá a utilizar aproximacións físicas para simular materiais máis realistas.

Para alcanzar este obxectivo o alumnado deberá desenrolar unha visión analítica da apariencia dos materiais, interpretando e descompoñendo materiais reais nos seus atributos e propiedades fundamentais, de modo que os poidan reproducir e reconstruir posteriormente nun entorno virtual. O alumnado aprenderá ademáis cómo xerar, reproducir ou capturar texturas, utilizar definicións procedurais ou ben combinacións das alternativas anteriores, para conseguir crear materiais cunha apariencia máis realista e complexa.

Recoméndase ter cursado Gráficos por computadorMateriais e iluminación.

2o cuadrimestre

O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que os futuros graduados en Creación dixital, animación e videoxogos entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional.

Co obxectivo de dotar ao alumnado de Creación dixital, animación e videoxogos dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado ditas prácticas externas no Plano de Estudos.

Recoméndase que o alumno teña cursado e superado todas ou case todas as materias da titulación, especialmente aquelas que teñan relación directa coa praza de prácticas e as labores asignadas a ésta.

Creación e utilización de videoxogos en ámbitos educativos, empresariais, etc.

Fundamentos dos efectos especiais utilizados de maneira máis habitual en producións de animación.

Recoméndase ter cursado Modelaxe 2, Animación 2Animación de Personaxes.

Nesta materia optativa profundízase nos coñecementos sobre o proceso de renderizado introducido na materia obrigatoria de "Materiais e iluminación". Estudaranse con máis detalle os modelos de renderización de base física, ampliamente utilizados na actualidade tanto en animación como en videoxogos. Ampliaranse os coñecementos básicos sobre o transporte da luz e as técnicas que permiten simular o seu comportamento tanto en contornos de produción offline (animación) como en tempo real (videoxogos).

A segunda parte da materia estará adicada a estudar posibles implementacións ou adaptacións de modelos de iluminación física para os casos de uso en tempo real, caso dos videoxogos. A asignatura centrarase tamén nas etapas programables do pipeline gráfico das GPU mediante linguaxes de shading, o cal permitirá personalizar os procesos de xeración que teñen lugar dentro do pipeline gráfico.

Recoméndase ter cursado Gráficos por computadorMateriais e iluminaciónShading.

Fundamentos e bases legais da regulación dos videoxogos e temas xurídico-públicos e xurídico-privados sobre a produción e comercialización de videoxogos.

Obxectivos do curso:
- Comprensión dos conceptos máis relevantes na regulación dos videoxogos.
- Acceso e coñecemento da normativa legal dos videoxogos.
- Cuestións prácticas relacionadas cos aspectos legais da produción e comercialización de videoxogos.

No sector da animación e dos videoxogos ten un importante papel a comunicación promocional. Mesmo un bo producto debe ir acompañado dunha boa comunicación.

A materia busca achegar as bases para desenvolver estratexias de comunicación axeitadas, atendendo a diversas técnicas de promoción e publicidade.

Recoméndase ter cursado Prezos e distribución de animación e videoxogos, Sector da animación e o videoxogoProdución da animación e o videoxogo.

Traballo Fin de Grao

Aplicación práctica do aprendido na titulación nun caso real, obtendo un produto de creación dixital no ámbito da animación ou o videoxogo, segundo a normativa de TFG da Facultade de Ciencias da Comunicación.

O Traballo Fin de Grao, en virtude da normativa da UDC considérase un traballo individual do alumnado e será calificado como tal. Non obstante, dadas as características da titulación, dito traballo poderá formar parte dun proxecto máis amplo de carácter grupal; nese caso, a participación do alumnado deberá quedar claramente identificada e permitir a súa calificación independente.

Pode ser director/a de TFG calquera profesor/a que imparta docencia no Grao de Creación Dixital, Animación e Videoxogos.

Ángel José Fariña Lamosa

Coordinador de TFGs de CDAV

Enderezo electrónico: Fai clic para enviar email