Flicker

De e con: Aníbal Conde e Magdalena Leite

Tony Conrad na súa película The Flicker (1966) expón que o esencial do cinema é o escintileo da luz do proxector, a alternancia veloz entre luz e escuridade, aludindo a un elemento material e físico que non necesita metáforas nin interpretacións para ser recoñecido. A pregunta no noso caso é: que sería o esencial e constitutivo do feito escénico? Flicker aventura unha resposta, entre moitas.

Acción escénica de 50 minutos inspirada na noción de flicker ou escintileo electrónico proveniente do cinema estrutural.

CV da obra
2017- Creada en residencia na Casa Encendida e o CA2M en Madrid, España
2017- Estréase en Uruguai no Ciclo Montevideo Danza na Sala Zavala Muniz do Teatro Solís
2018- Estréase en España en ACENTO, Mostra de Artistas en Residencia 2017, na Sala Polivalente do CA2M

Magdalena Leite é coreógrafa, bailarina e docente. Recibiu a bolsa danceWEB do Festival ImpulsTanz; o apoio de IBERESCENA para a creación en 2010 e 2014 e da Fundación Prince Claus para a presentación de Jack Taste la suerte está echada; a súa obra Cover foi seleccionada pola curadora Alejandra Labastida para formar parte da exposición The life of others no Akbank Center en Istambul, Turquía.

Aníbal Conde é artista en vídeo e performer. Traballa na escena desde o cruzamento de disciplinas e realiza vídeos experimentais enfocados no aspecto formal da imaxe en movemento. Os seus vídeos e documentais foron exhibidos en diversos festivais: No way Out ‒ Festival Internacional Ultracinema mx 2017 _ Condensación ‒ Festival Creative Commons da Cidade de México 2013_ Queda tanto por facer ‒ MTV Brasil 2008_ El Jardín de las Virtudes ‒ 11ème Festival des Cinémas Différents de París 2008.

Xuntos realizaron as obras: FLICKER, creada en residencia na Casa Encendida e o CA2M dentro o proxecto LOS40; DANCE DANCE DANCE con máis de 50 presentacións ao público en lugares como a Judson Church en Nova York, o Museo Universitario de Arte Contemporánea MUAC en México, o Teatro Pradillo en Madrid e a Sala Hiroshima en Barcelona; VIDEOCLIP, investigación presentada na Sala Protocolo do Museo Reina Sofía en Madrid, en Arqueologías del Futuro en Bos Aires, no Centro Cultural de España en México e en Montevideo e no Espazo de Arte Contemporánea dentro do FIDCU 2015, realizada co apoio de IBERESCENA 2014 e do FONCA 2016-2017; Experimento X5, obra finalista do Premio de Coreografía Guillermo Arriaga 2014; e varios exercicios creativos tanto escénicos como de acción performática e de imaxe.

Data: 6 de xullo de 2018
Horario: 20 h.
Lugar: ALMACÉN da NORMAL
 
 
Logo Deputación