Obradoiros de Creación

Matrícula dos obradoiros de Normal do segundo cuadrimestre do curso 2019-20

Información sobre a matrícula:

O prazo de matrícula comezará o día 9 de setembro de 2019 e rematará o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive. A matrícula farase en liña.
As persoas que sexan novas usuarias terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en “autenticacion NON universitarios e familiares” e escoller a opción “rexistro”. Logo de completaren o formulario, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para se matricularen.
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegar a cinco persoas.

O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 16/10/2017).

Os prezos dos obradoiros serán os seguintes:

 

Cursos cuadrimestrais

    • 40€ para estudantes da UDC (35€ en segunda matrícula)
    • 60€ para membros da comunidade universitaria da UDC (55€ coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre
    • 45€  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. (40€ coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 70€ para o público xeral (65€ coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)

 

Restauración de mobles:

    • 80€ para estudantes da UDC (70€ coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 100€ para membros do resto da comunidade universitaria da UDC (90€ coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 85€  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (75€ coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
    • 160€ para o público xeral (150€ coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)

 

 

Importante:

Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes.

As persoas desempregadas ou que tiveren acreditada discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer a matrícula presencialmente na oficina de cultura de Normal, para o que terán de achegar a documentación que acredite a súa situación.

As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros serán atendidas no correo normal@udc.gal ou nos teléfonos 881 014 514 en quenda de mañá e no 881 014 511 en quenda de tarde.

 

Listaxe de obradoiros ofertados:

 

 

Procedemento de matrícula:

O pagamento farase en liña, seguindo estas instrucións:

    •  autentique a súa identidade
    •  prema na lapela de “actividades”
    •  escolla o obradoiro no que quere inscribirse
    •  prema en “ver máis”
    •  siga a ligazón “inscrición”
    •  seleccione o xeito de pagamento e confirme