Ladies, Wine & Design

Ladies, Wine & Design foi creada pola prestixiosa publicista Jessica Walsh en Nova York como unha iniciativa que buscaba reunir mulleres do mundo da creatividade (deseñadoras gráficas, ilustradoras, fotógrafas…) para dar voz aos seus problemas e buscar solucións. Unha conversa informal en maridaxe co viño foi o xermolo. Actualmente Ladies, Wine & Design é xa un concepto desenvolvido en máis de 180 cidades de 50 países.

Colleranos a inspiración traballando? Ou hai que saír a buscala polas orellas? Neste encontro de Ladies, Wine & Design vaise falar dos procesos de traballo e de como atopármonos coas musas.

Noemí Cubillo coordina xunto con Lidia Bao (directora de márketing en publicidade) e Antía Paz (periodista especializada en comunicación en liña), encontros de networking entre mulleres de profesións creativas como parte dunha iniciativa que foi espallándose a nivel mundial. Ladies, Wine & Design dá nome a esta iniciativa na que as asistentes intercambian as súas experiencias profesionais dentro do mundo da creatividade.

De onde veñen as novas ideas?

Para falar dos procesos de traballo e de como atopar ás musas con Bea Lema e Giovanna Lopalco como convidadas.

Data:

28 de xuño de 2018

Horario:

19:00 a 21:00 h.

Lugar:

CUBO da NORMAL

Portafolio Review
Para poñer en xogo as capacidades comunicativas, cada participantes dispuso de 5’ para contar seu traballo e namorar ao xurado. O encontro rematou cos consellos de Lis Torrón, directora creativa executiva de Reclam, quen facilitou
recetas para “venderse mellor”.

Data:

27 de setembro de 2018

Horario:

19:00 a 21:00 h.

Lugar:

CUBO da NORMAL

Mulleres ao borde do cine
Sobre o cine non comercial da man de Ana Domínguez, promotora da mostra S8 de cine periférico.

Data:

31 de outubro de 2018

Horario:

19:00 a 21:00 h.

Lugar:

CUBO da NORMAL

 

Logo Deputación

Máis información