Talleres

A aplicación práctica dos coñecementos e das experiencias relacionadas coas materias da Universidade Sénior, xa sexa froito das aulas impartidas ou da propia historia persoal e profesional dos alumnos e alumnas, debe ter un medio de comunicación, de intercambio e de desenvolvemento. Seguindo este obxectivo, outorgouse ao estudantado dos catro cursos a oportunidade de asistir aos talleres.

Os talleres desenvólvense mediante sesións de dúas horas de duración e de periodicidade quincenal, que o alumnado pode cursar de xeito voluntario.

Os obxectivos que pretenden acadar son os seguintes:

  • Permitir unha formación complementaria ao plan de estudios co obxetivo de afondar en temas ou aspectos mais concretos.
  • Empregar unha metodoloxía máis activa e participativa.
  • A posta en práctica de competencias e recursos xa adquiridos polos alumnos e alumnas, pero tamén a adquisición de novos recursos.

De xeito voluntario, os alumnos e alumnas que cursan o Graduado/a Sénior así como os que xa obtiveran a titulación poderán cursar un ou varios dos seguintes Talleres:

 

TALLERES - CAMPUS A CORUÑA

TALLERES - CAMPUS FERROL

 

 

 

 

 

 

HORARIOS HORARIOS
CALENDARIO CALENDARIO

 

 

Matrícula en Talleres:
  • Matrícula:
    • Do 15 ao 30 de xuño
    • Ata agotar as prazas dispoñibles
      • Prazos extraordinarios (só no campus de Ferrol): do 7 ao 24 de xullo e do 1 ao 15 de setembro.
  • Prezo de cada taller: 72 € (inclúe seguro escolar).

ACCESO AOS FORMULARIOS DE MATRÍCULA - CAMPUS A CORUÑA

ACCESO AOS FORMULARIOS DE MATRÍCULA - CAMPUS FERROL

 

 

 

 

 

 


 


Mais información e asistencia á matriculación nas Secretarías da Universidade Sénior:

 

Universidade Sénior. A Coruña
Edificio Normal - Campus de Riazor
Paseo de Ronda, 47, 1º
15011 A Coruña
Teléfono: 881014507
secretaria.senior.coruna@udc.es

Solicitude de cita previa

Universidade Sénior. Ferrol
Edificio de Usos Administrativos (1º andar)
Campus de Esteiro
15403 Ferrol
Teléfono: 981 337 400. Extensión: 3631
secretaria.senior.ferrol@udc.es

Solicitude de cita previa

 


pe-páxina-web-ferrol