Estimado/a membro do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos,
No nome da Universidade da Coruña (UDC) dámosche a benvida e os máis sinceros parabéns pola túa incorporación ao cadro de persoal da universidade. Así mesmo, agradecémosche que pensases na nosa institución como destino para o desenvolvemento da túa actividade profesional.
O obxectivo principal desta guía é facilitar a túa rápida integración e mostrar os valores que nos avalan como institución, a súa estrutura, os servizos de apoio que ofrecemos e aqueles procedementos máis habituais de funcionamento interno.
Esperamos que teñas unha grata experiencia e unha pronta adaptación á nosa universidade, que dende agora é tamén a túa.