As prácticas externas son unha actividade de natureza formativa que ten por obxectivo permitir ao estudantado aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica. As prácticas deben favorecer a adquisición de competencias que preparen ao estudantado para o exercicio de actividades profesionais e, asemade, favorecer a súa empregabilidade, sempre baixo a supervisión da Universidade.
As prácticas ofrecen ás empresas e institucións colaboradoras a oportinidade de colaboraren no proceso de formación dos/as futuros/as profesionais e, alén disto, facilitar a inserción do estudantado no mercado de traballo. As prácticas permiten que o/a futuro/a profesional estea preparado/a e posúa mellores ferramentas para desenvolver as súas funcións no ámbito empresarial en que se insire.
O estudantado pode completar a súa formación teórica con habilidades e competencias dirixidas a un mellor desenvolvemento da súa futura actividade, alén de adquirir unha experiencia que facilitará o seu acceso ao mercado do traballo.
Para poder realizar prácticas externas é necesario formalizar un convenio de cooperación educativa entre a UDC e a entidade colaboradora no que se regulen as condicións en que se desenvolverán as prácticas. O seguimento das prácticas levarase a cabo por unha persoa titora da universidade e mais por unha persoa titora profesional designada pola entidade colaboradora.
Os convenios de prácticas asinados pola UDC poden consultarse aquí. Aclaración sobre o uso do buscador:
Actualmente o acceso público está limitado ao protocolo HTTP. Algúns dos navegadores actuais forzan o acceso por HTTPS e, nese caso, producirase un erro xa que a URL será incorrecta. No caso de producirse este problema será preciso acceder dende o navegador en modo incógnito/privado, ou ben eliminar a caché do navegador para acceder á páxina do servizo.
Clases de prácticas externas
- Prácticas externas curriculares
Pode realizalas o estudantado da UDC que curse un título en que se inclúa como materia académica de prácticas.
No caso de ser remuneradas a entidade colaboradora ten a obriga de dar de alta na Seguridade Social e a cotizar, se ben a disposición adicional vixésimo quinta do real decreto lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia (BOE do 5 de xullo), establece que as prácticas curriculares terán unha bonificación do 100% na cota da Seguridade Social a partir do 1 de agosto de 2014.
- Prácticas externas extracurriculares
Pode realizalas todo o estudantado da UDC que superaran o 50% de créditos para títulos de grao (incluíndo toda a formación básica) e o 25% para mestrados. Estas prácticas teñen carácter voluntario durante o período de formación aínda que non estean incluídas nos plans de estudo. O estudantado pode solicitar a súa inclusión no Suplemento Europeo do Título.
No caso de ser remuneradas a entidade colaboradora ten a obriga de dar de alta e cotizar á Seguridade Social (sen bonificación).
1ºconvocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2024-2025
2ªconvocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2024-2025
3ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2024-2025
4ª convocatoria prácticas curriculares/extracurriculares da UDC 2024-2025
5ª convocatoria prácticas curriculares da UDC 2024-2025
6ª convocatoria prácticas curriculares/extracurriculares da UDC 2024-2025
7ª convocatoria prácticas curriculares da UDC 2024-2025
1ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2023/2024
2ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2023/2024
3ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2023/2024
3ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2023/2024_correción de erros
4ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2023-2024
5º convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2023-2024
6º convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2023-2024
1ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2022/2023
1ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2022/2023- Anulación de praza
2ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2022/2023
3ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2022/2023
4ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2022/2023
5ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2022-2023
6ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2022-2023
7ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2022-2023
8ª convocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2022-2023
9ªconvocatoria prácticas nos servizos/unidades da UDC 2022-2023
Oferta de prazas para prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
Oferta de prazas para prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022 Correción erros
2ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
3ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
4ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
5ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
6ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
7ª convocatoria prácticas curriculares/extracurriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
8ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
9ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
10ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
11ª convocatoria prácticas curriculares nos servizos/unidades da UDC 2021/2022
Oferta de prazas para prácticas curriculares na UDC curso 2020/2021
2ª convocatoria prácticas curriculares na UDC curso 2020/2021
3ª convocatoria prácticas na UDC curso 2020/2021
3ª convocatoria prácticas na UDC curso 2020/2021- Corrección de erros
4ª convocatoria prácticas na UDC curso 2020/2021
5ª convocatoria prácticas na UDC curso 2020/2021
6ª convocatoria prácticas na UDC curso 2020/2021