Todas as persoas inscritas no Programa de Prácticas Externas Campus Rural 2026 (V edición) poden consultar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluidas cos motivos de exclusión na seguinte ligazón:
https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2026/004859
Prazo de subsanación de erros
Ábrese un prazo de subsanación de erros dende o día 27 de abril de 2026 até o día 30 de abril de 2026 a través do seguinte formulario:
https://forms.cloud.microsoft/e/PKtn426Ru2?origin=lprLink
As entidades colaboradoras (empresas, entidades públicas, asociacións, fundacións etc.) non terán que asumir custo algún, xa que o programa é totalmente gratuíto para elas. A UDC realizará a selección das prácticas no marco da súa capacidade autoorganizativa e poderá adoitar criterios propios de selección, así como aqueles necesarios para xestionar os casos de renuncia.