Apoio ao emprego

A UDC conta con persoal técnico especializado en Orientación Laboral e Autoemprego que asesora ao alumnado e persoas tituladas desta universidade para axudarlles a conseguir a súa inserción no mercado laboral xa sexa por conta allea ou propia, de acordo ás súas competencias profesionais e intereses.

Con este obxectivo prográmanse ao longo do curso académico distintas actividades de apoio tanto de iniciativa propia como en colaboración con outros organismos ou entidades. Entre estas actividades de apoio destacan os obradoiros do Programa de Mellora da Empregabilidade nos Centros da UDC (PMEC), dirixido pola Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión universitaria. Destes obradoiros atoparás toda a información relavante (obxectivos, contidos, datas de realización en cada centro, etc. ) no apartado de "obradoiros".