A información contida nestas respostas a preguntas frecuentes ten un carácter meramente informativo e carece de carácter preceptivo nin criterio vinculante.
O rexistro horario aplícase:
Ademais aplícase:
O RH realízase a través do Portal do persoal, que é a ferramenta que a UDC pon a disposición do persoal para este fin
Débese realizar ao inicio e ao final da xornada laboral, a través de dúas marcaxes: a marcaxe de entrada e a marcaxe de saída. Recorda que as marcaxes deben ser sempre pares e que o seu cómputo é diario.
Tamén debes realizar a marcaxe en pausas superiores aos 30 minutos.
Disporemos de ata 15 minutos totais cada día, para efectuar as marcaxes de entrada e saída, que computarán como tempo de traballo efectivo.
Debes realizar unha solicitude de modificación de marcaxe a través do Portal do persoal. Debe ser validada pola persoa responsable ou superior xerárquico.
Xestión de solicitudes > solicitudes > solicitude de presenza > modificación de marcaxe
Emprégase para
Non. Os desprazamentos desde o domicilio habitual ao centro de traballo non é considerado tempo de traballo efectivo. Soamente debes realizar as marcaxes de entrada e saída ao inicio e ao final da túa xornada laboral.
É aquel que non establece unha hora fixa de entrada e/ou saída e se adapta ás túas necesidades.
Implica que as horas de entrada e saída do posto de traballo e o número diario de horas realizadas poderán variarse sempre que se respecte o límite mínimo de horas de presencia obrigatoria (parte fixa do horario) e a totalidade de horas da xornada laboral en cómputo mensual.
Si, sempre e cando non superes o límite máximo de horas que establece a Resolución do Rexistro horario: 10 horas.
Son incompatibles:
É a parte do horario de presenza obrigatoria.
É todo o tempo transcorrido entre o horario rexistrado de entrada (inicio) e saída (fin) da xornada diaria de traballo, establecida na Resolución do 30 de xaneiro de 2019 pola que se regula a xornada, o horario de traballo, as vacacións e a concesión de permisos e licencias do PAS.
Compútase tamén como traballo efectivo, por exemplo, os 15 minutos para realizar a marcaxe, a asistencia autorizada aos cursos de formación, ao recoñecemento médico da Campaña de vixilancia da saúde da UDC, a asistencia a reunións, etc.
O tempo de vacacións, licenzas, sempre que se soliciten e autoricen debidamente, así como os permisos que non estean catalogados expresamente como tempo de traballo efectivo.
O desprazamento desde o domicilio ao centro de traballo non é tempo de traballo efectivo.
O tempo de traballo efectivo se contabiliza diariamente coas marcaxes de entrada e saída do posto de traballo.
En calquera momento, dentro do prazo do mes seguinte ao do saldo negativo/positivo.
Non se pode realizar máis de 10 horas diarias de traballo efectivo e tendo en conta que a parte fixa do horario é de presenza obrigatoria.
No caso de iniciar un período de vacacións, permisos, licenzas, unha situación de incapacidade etc., a compensación horaria pendente debe ser realizada no mes seguinte tras a incorporación da persoa traballadora.
Non. O saldo de teletraballo recupérase en teletraballo e o saldo da modalidade presencial en presencial.
A ausencia, a falta de puntualidade e/ou de permanencia do persoal supoñen un incumprimento do horario. Deberanse comunicar con carácter inmediato e xustificación acreditativa posterior, á persoa responsable da unidade administrativa á cal estea adscrito o persoal.
Cando a causa non sexa xustificada con algún dos permisos recollidos na RR do 30/01/2019 citada, deberás recuperar o tempo non traballado para que o teu saldo non sexa negativo.
Trátase de tempo de traballo efectivo, logo o RH é obrigatorio. Debes realizar as marcaxes de entrada e saída da xornada laboral.
Non sería necesario realizar marcaxes intermedias para asistir ás reunións ou desprazamentos por motivos laborais xa que son consideradas como tempo de traballo efectivo.
Existe no Portal do persoal unha solicitude de ausencia para realizar actividades dentro/fóra da UDC.
Se acodes a unha cita médica debes realizar unha solicitude de ausencia polo número de horas que consideres necesarias para acudir a túa cita médica.
Sería necesario realizar marcaxes intermedias para asistir ás citas médicas xa que non son consideradas como tempo de traballo efectivo (non teñen esta consideración as campañas de vixilancia da Saúde).
Se o permiso solicitado é menor á ausencia realizada: solicito outro permiso pola diferencia.
Se o permiso solicitado é maior á ausencia realizada: non debo realizar ningún outro trámite xa que coa marcaxe de entrada estou indicando que me incorporei de novo ao meu posto.
Non é necesario. De acordo coa Resolución do 30 de xaneiro de 2019 pola que se regula a xornada, o horario de traballo, as vacacións e a concesión de permisos e licencias do PAS, dispoñemos dunha pausa na xornada de traballo de 30 minutos de duración que computa como traballo efectivo.
Si. Cando se faga uso das horas sindicais débese marcar a entrada e a saída do posto de traballo e realizar a solicitude de permiso pertinente.
Para calquera dúbida ou cuestión que che poda xurdir en relación co RH, podes dirixirte ao Servizo de PAS e a ese enderezo de correo electrónico.
As incidencias técnicas relacionadas co Portal do persoal, tramítanse en Axudatic.
Se o retraso non afecta ao horario fixo de presenza, é suficiente con marcar a entrada e recuperar (compensar) o tempo dentro do horario flexible.
Se o retraso afectase ao horario fixo de presenza, deberase comunicar con carácter inmediato e xustificación acreditativa posterior, ante a persoa responsable da unidade administrativa á cal estea adscrito o persoal. Debes recuperar o tempo non traballado para que o teu saldo non sexa negativo.
Sí. En calquera momento.
Consulta de saldos:
Portal do persoal > xestión de ausencias/presenza
Consulta de marcaxes:
Portal do persoal > xestión de ausencias/presenza
Si. En calquera momento e respecto das persoas traballadoras das que son superior xerarquicamente.
Portal d@ responsable > xestión do tempo > presenza
Consulta de marcaxes
A través do portal do persoal do mesmo xeito que as ausencias pero seleccionando como tipo de solicitude as presenzas.
Portal do persoal > xestión de solicitudes > estado das solicitudes (todas as solicitudes ou solicitudes de presencia) > aceptar/rexeitar.
Se a Xerencia establece un número de horas para que todo o persoal poida ir votar nas eleccións sindicais, non é necesario realizar ningún outro trámite no portal , salvo marcar a entrada e a saída da túa xornada laboral con normalidade.
Agora ben, segundo o momento en que dispoñas desas horas ao longo da túa xornada laboral, se fas uso desas horas ao principio ou final da xornada laboral e non podes realizar a marcaxe de entrada ou saída, en canto poidas, deberías realizar unha modificación de marcaxe que debe ser validada polo/a responsable.
Recorda como facer a modificación de marcaxe:
Portal do persoal > solicitudes de ausencia/presenza > solicitudes de presenza > modificación de marcaxe
Tamén podes visualizar este recurso (vídeo) que explica como realizar unha modificación de marcaxe.