“Sempre escoito ao falar das persoas LGTBIQ+ que só son fases. Recordo que cando saín do armario miña nai me dixo: non estarás confundido?

Faime bastante gracia porque para min a fase foi ser heterosexual ata que me visibilicei con 23 anos.”

 

PTXAS DA UDC

FOLLETO

“Nunca tiven información sobre o que era unha
persoa trans.

Eu sabía que algo pasaba pero
non sabía poñerlle nome. Todo o que me
chegaba era negativo: travelos, enfermos,
dexenerados...
A xente olvídase de algo importante: somos
persoas que merecemos respeto e temos
dereitos, que son dereitos humanos."


ESTUDANTE DA UDC

FOLLETO

“Dende neno chamábanme maricón porque
sempre tiven comportamentos considerados
como afeminados.

As persoas que facían
burlas sobre min non saben o dano que me
fixeron, tardei moitos anos en superalo.
Agora si que o poido dicir e o digo: son
maricón!”


ESTUDANTE DA UDC

FOLLETO

“Na miña adolescencia tiven a sorte de contar cun contexto familiar que me permitiu ser libre como muller bisexual.

Sufrín discriminación por ser muller e pola miña orientación. A palabra zorra era a común porque sempre tiven relacións con quen me deu a gana.

Farían o mesmo cun home?”

 

PROFESORA DA UDC

FOLLETO

Moita xente cre que o colectivo LGTBIQ+ non
debería definirse como comunidade: “Somos
persoas” “Sodes vós quenes os excluides!”
“Sodes un gueto e unha secta!”


Moitas persoas LGTBIQ+ seguen medrando en
contornas LGTBIfóbicas e carecen da
información e o acompañamento, polo que
encontrar un grupo de iguais con quen
entenderse e apoiarse, pode salvar vidas.

FOLLETO

O termo bollera comezouse a utilizar para
aquelas mulleres que traballan no campo cos
bois, xa que era considerado un traballo
exclusivo de homes.


A sociedade sinalou ás relacións entre dúas
mulleres con esta denominación, pero agora
xa pertence á propia cultura LGTBIQ+.

FOLLETO

“Dende que dixen que son bisex un dos
comentarios que máis escoitei foi que iso era
puro vicio. Que che gusten diferentes xéneros
nin é malo, nin ten que ver con iso.


E ademáis, qué pasa? Nin que as relacións
sexuais foran malas...”


PROFESORA DA UDC

FOLLETO

“Non, non pertencemos a ningunha industria téxtil.
Na actualidade o colectivo LGTBIQ+ temos unha
maior visibilidade.
Non é unha cuestión de modas, somos unha
realidade que ata o de agora vivimos na exclusión e
na escuridade e, por fin, comezamos a ter a
representatividade que nos corresponde”


PROFESORA DA UDC

FOLLETO

“Eu non tiven o dereito a que desde a escola
me ensinasen que existen diferentes
orientacións, identidades ou expresións de
xénero. Que a nosa sociedade é rica e
heteroxénea.
Se contase con esa información, a miña vida
sería máis sinxela e podería desenvolverme
coma calquera outra persoa.
Non é adoutrinar, é educar en equidade e
respecto polos dereitos humanos. O contrario
é negar as nosas realidades, cando existiron,
existen e existirán sempre”.


ALUMNE DA UDC

FOLLETO

Cando se fala do colectivo LGTBIQ+,
especialmente no ámbito da educación,
relaciónase con ideoloxía.
Explicar e ensinar a diversidade sexual e
de xénero é un dereito humano. Negar
as realidades que existen ten como
consecuencia dificultar a vida de moitas
persoas.

FOLLETO