O currículum vitae é un documento fundamental e a súa elaboración é un dos primeiros pasos da busca de emprego que explica de forma resumida o historial académico e profesional dun/ha candidato/a a unha oferta de emprego ou prácticas.
Debe cumprir dous obxectivos:
A persoa que selecciona (habitualmente, persoal técnico de RRHH) analiza as características persoais e profesionais expostas no CV e decide se se axusta ás esixidas para ocupar o posto de traballo.
O CV por sí só non serve para obter un posto de traballo, pero sí é determinante para avanzar no proceso de selección, esto é, conseguir unha entrevista. Con este documento ofreces unha imaxe e é a única información que ten a empresa de tí até ese momento. Supón a tarxeta de presentación do/a candidato/a á empresa que só verá o que está escrito e como está escrito.
O CV adoita ter unha estrutura, pero pódese modificar a orde dos seus apartados segundo sexa o teu perfil profesional ou os datos que queiras subliñar de cara a unha oferta concreta. Existen, igualmente, diferentes tipos de CV en función do soporte, deseño, etc. Cada un deles ten as súas vantaxes e desvantaxes. É moi importante conseguir adaptalo aos requerimentos da oferta.
A carta de presentación é a tarxeta de visita que presentas á empresa e dará a 1ª impresión de tí, polo que debe transmitir unha imaxe favorable e positiva. Acompaña ao currículum, pero non repite o seu contido, senón que salienta os teus aspectos persoais e profesionais máis relevantes cara á oferta. Polo tanto, é recomendable persoalizala segundo a empresa e posto ao que te presentes. Debes transmitir habilidades persoais relacionadas co posto de traballo e que non teñen cabida no currículum.
A continuación, dispós da información relativa á súa estrutura, tipos e consellos para a súa elaboración: