Onde podo asesorarme?

O asesoramento sobre emprendemento nas fases iniciais que se fai desde a Unidade de Emprego está pensado para acompañar a persoas que teñen unha idea, unha inquietude ou interese por crear un proxecto propio, especialmente estudantado e persoas que comezan a achegarse ao mundo emprendedor. O obxectivo é ofrecer orientación práctica para transformar unha idea nunha oportunidade real, axudando a comprender os primeiros pasos necesarios para desenvolver unha iniciativa con sentido e potencial.