A unidade de emprego da Universidade da Coruña está integrada na Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade. O seu obxectivo é proporcionar ao estudantado orientación, información e formación de cara á mellora da súa empregabilidade no acceso ao mundo laboral. As competencias da Unidade están relacionadas co impulso institucional nos ámbitos das prácticas externas, do emprendemento e das políticas activas de inserción laborais.
A Universidade da Coruña é, por sexto ano consecutivo, centro colaborador do programa Explorer "Mozos con solucións" que impulsa o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo.
Trátase dun programa de emprendemento do Banco Santander que axuda a aterrar proxectos apoiando o seu lanzamento ao mercado. O programa ofrece apoio, formación, asesoramento e viaxe dunha semana a un hub de innovación europeo no verán de 2021 para os mozos que apostan por transformar o futuro con ideas innovadoras.
Séguenos en:
News and events