A actividade física, nas súas dimensións deportiva, educativa e de saúde alcanzou unha presenza destacada na sociedade do século XXI. Ao aumento e mellora do equipamento e das instalacións deportivas nos últimos anos, uníronse maiores orzamentos públicos e privados para a xestión deportiva, incrementándose as cifras de emprego no sector, tanto no exercicio de labores docentes, en educación física e saúde, no desenvolvemento do rendemento deportivo, preparación física e dirección de equipos, como en xestión deportiva, en promoción de instalacións, equipamentos, eventos, empresas de servizos ou concellos
Razóns que xustifican a investigación neste ámbito serían:
Por iso, este programa de doutoramento expón como finalidade a formación e especialización nas técnicas de investigación relacionadas co Deporte, a Educación Física e o Lecer Saudable. Trátase de ámbitos de carácter multidisciplinar, nos que conflúen diferentes disciplinas orientadas a profundar nas conexións, tanto beneficiosas como prexudiciais, entre a participación en actividades físico-deportivas e aqueles aspectos do desenvolvemento humano asociados coa saúde e a calidade de vida, a cultura ou a esixente superación que implica o deporte de competición.