Access Info Europe: organización de dereitos humanos sen ánimo de lucro e con sede en España, dedicada á promoción e protección do dereito de acceso á información en Europa como ferramenta para a defensa das libertades civís e dos derechos humanos, para facilitar a participación pública na toma de decisións e para exixir contas (accountability) os gobernos.
CitizenScience.org: ten como obxectivo reunir a experiencia de diversos profesionais que traballan no campo da ciencia cidadá para fomentar a colaboración e compartir a amplitude de recursos e mellores prácticas en diferentes tipos de proxectos de ciencia cidadá.
CitSci.org: ciberinfraestrutura aberta e completa para o apoio de programas de ciencia cidadana: xestión de datos e do programa, ferramentas de análise e de visualización.
CIVICUS é unha alianza internacional con membros e asociacións colaboradoras en máis de 100 países, que ten por obxecto fortalecer a solidez, crecemento e protección da acción do cidadán a través do mundo, especialmente en rexións onde a democracia participativa e o dereito de libre asociación están ameazados.
Deliberative Democracy Consortium (DDC): rede de profesionais e investigadores que representan a máis de 50 organizacións e universidades, e que traballan para fortalecer o campo da democracia deliberativa. O DDC ten por obxecto apoiar as actividades de investigación e a súa posta en práctica en todos os niveis de goberno, en Estados Unidos e no resto do mundo.
European Citizen Science Association: asociación sen ánimo de lucro creada para fomentar o crecemento do movemento da ciencia cidadá en Europa. Creou unha guía de boas prácticas sobre o que é a ciencia cidadá e escribiu os 10 Principios de Ciencia Cidadá.
EU-Citizen.Science: plataforma en liña para compartir coñecemento, ferramentas, formación e recursos de ciencia cidadá. Este proxecto recibiu financiamento do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea.
Newsera: proxecto de comunicación científica cidadá financiado pola Comisión Europea a través de H2020.
Observatorio de la Ciencia Ciudadana en España: o seu obxectivo é recompilar os proxectos de ciencia cidadá levados a cabo en España, co fin de darlles difusión e de crear unha rede de colaboración e participación entre os distintos axentes implicados: científicos profesionais, científicos cidadáns, xestores, dinamizadores, políticos, divulgadores e comunicadores da ciencia. O Observatorio conta coa colaboración de FECYT.
Open Society Foundations (OSF), anteriormente Open Society Institute (OSI), é unha rede sen ánimo de lucro fundada por George Soros, coa misión de traballar na construción de sociedades tolerantes cuxos gobernos sexan responsables e abertos á participación de todas as persoas. Busca fortalecer o imperio da lei, o respecto dos dereitos humanos, das minorías e da diversidade de opinións, os gobernos elixidos democraticamente e unha sociedade civil que controle o poder do goberno. Axuda a conformar políticas públicas para promover a gobernanza democrática, os dereitos humanos e o desenvolvemento económico, legal e social.
SciStarter: sitio web que indiza proxectos de ciencia cidadana de toda a web. Permite crear unha conta e engadir un proxecto reenchendo un completo formulario. Deste xeito, o proxecto conéctase á comunidade (proxecto do día, newsletters de novos proxectos, etc.)
Transparencia.gob.es: portal da Transparencia do Goberno de España, previsto no artigo 10 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno.
Transparency International (TI): ONG internacional fundada en 1993 e con sede en Berlín, dedicada a combater a corrupción. Publica anualmente o Índice de Percepción de Corrupción e o Global Corruption Barometer. Conta con máis de 100 capítulos, entre eles Transparencia Internacional España.