
Definición:
"Open Education é un termo colectivo empregado para referirse a moitas prácticas e actividades que teñen a apertura e a educación na súa esencia. Inicial e principalmente, Open Education ten que ver coa remoción das barreras á educación. Isto pode facerse eliminando requisitios de acceso (...) ou facendo os contidos e datos libre e legalmente dispoñibles para a súa reutilización. Con todo, tamén reflicte outros cambios culturais, tales como o cambio para abrir métodos e prácticas de aprendizaxe, nos que se ve a esfumación ou eliminacion de funcións tradicionais, como as de profesor e alumno, movéndose cara a roles como os tutor e estudante."
Recursos educativos abertos:
OpenCourseWare (OCW)
Publicación aberta de materiais docentes de nivel universitario. Eses materiais organízanse como cursos, e a miúdo inclúen materiais de planificación do curso e ferramentas de avaliación á parte de contido temático.
- MIT OpenCourseWare: ofrece en aberto o material docente que os profesores do Massachusetts Institute of Technology (MIT) utilizan nas ensinanzas xunto cunha guía de estudo.
- OER Commons (Open Educational Resources): recolle recursos de aprendizaxe de todo o mundo
- Science in the classroom: colección de documentos de investigación comentados e de materiais docentes de apoio.
- UNED Abierta: plataforma que aglutina os recursos educativos abertos da UNED, e que permite o acceso aos mesmos de forma sinxela e clasificada por tipos de contido.
-
Universidad Carlos III de Madrid: portal que recolle os recursos educativos abertos que os profesores desta universidade utilizan nas ensinanzas. Aparecen clasificados tanto por área de coñecemento como por titulacións ás que pertencen.
-
Universidad de Cantabria: portal que ofrece en aberto os materiais didácticos utilizados na Universidad de Cantabria para que poidan ser usados en calquera lugar do mundo. Os cursos aparecen estruturados en seis grandes categorías.
MOOC
Acrónimo en inglés de Massive Online Open Courses (ou cursos online masivos e abertos)
Novos tipos:
- cMOOC: curso baseado nos principios da pedagoxía conectivista, nos que as relacións están menos estruturadas e o alumnado é o protagonista
- xMOOC: cursos cunha aproximación conductista nos que o profesor é a figura central da aprendizaxe
- COOC: Corporate Open Online Courses
- SPOC: versión dun MOOC restrinxida aos alumnos dun campus
Plataformas de cursos
- Coursera: é a maior plataforma de cursos MOOC. Fundada polos profesores de Stanford Andrew Ng e Daphne Koller en outubro de 2011, conta en 2016 con 17.892.502 inscritos nalgún dos seus 1.806 cursos impartidos por 138 universidades e outras institucións (Banco Mundial, MoMA, National Geographic) de 28 países.
- EdX, fundada por a Universidade de Harvard e o MIT. Ten máis de 5 millóns de alumnos inscritos en 872 cursos de 90 universidades e institucións. Dende 2015 inclúe cursos para estudantes de secundaria.
- Udacity, con máis de 4 millóns de usuarios rexistrados en 128 cursos, principalmente de informática. Actualmente, a maioría dos seus cursos forman parte dos chamados nanodregrees resultado da colaboración con grandes empresas como Google, Microsoft, Autodesk, Wolfram Research, AT&T e Facebook.
- Khan Academy: organización educativa sen ánimo de lucro creada en 2006 por Salman Khan. Coa misión de "proporcionar unha educación de nivel mundial para calquera persoa, en calquera lugar", contén más de 4.300 vídeos dirixidos a escolares de ensino primario e secundario sobre ciencias.
- Miriada X é a principal plataforma de cursos MOOC de España e Latinoamérica. Ten 1.500.000 alumnos en 338 cursos de 64 universidades.
- Future Learn: compañía con ánimo de lucro propiedade da Open University, que conta coa colaboración de 85 institucións de todo o mundo. Máis de 3 millóns de estudantes inscribíronse nun dos seus 247 cursos.
- Stanford Online: esta universidade ofrece na súa plataforma uns programas moi similares aos seus estudos presenciais. Algúns dos seus cursos son plenamente abertos.
- Tutellus: ofrece cursos gratuitos en máis de 160 países. Ademais dos MOOC's gratuitos, en Tutellus tamén atoparedes estudos de pago.
- Udemy: plataforma que ofrece máis de 50.000 cursos online, tanto gratuitos como de pago.
- UNED abierta: ademais de permitir divulgar o coñecemento , é unha excelente plataforma para todos aqueles docentes que desexen publicitar os seus traballos. A Universidad Nacional de Educación a Distancia ofrece nesta páxina unha considerable variedade de cursos de tecnoloxía, cultura, educación, historia, etc.
- UniMOOC: plataforma de cursos MOOC orientada cara á formación para emprendedores
Buscadores de MOOCs
- Class Central: directorio de cursos gratuítos en liña e MOOCs, que recolecta das plataformas de cursos, agrupados por disciplinas
- CourseBuffet: catálogo de cursos para aprendizaxe online. Organiza o contido por popularidade, valoración, materia, universidade e máis. Inclúe pequenos provedores e universidades, que tamén teñen contido didáctico valioso.
- Mooc.es: buscador de cursos en español
- MOOC-List: sitio que lista tódalas ofertas de provedores de cursos.
Máis información:
Recursos Educativos Abertos: INFOguía UDC