Ciencia aberta

Ciencia Abierta
 
A ciencia aberta, tal como a define Foster Open Science, é a práctica da ciencia de tal maneira que outros poidan colaborar e contribuír, onde os datos da investigación, as notas de laboratorio e outros procesos de investigación estean dispoñibles gratuitamente, baixo termos que permiten a reutilización, redistribución e reprodución da investigación e os seus datos e métodos subxacentes.
 

Declaracións e recomendacións:

Recomendación de la UNESCO sobre la Ciencia Abierta: aprobada en novembro de 2021, ten como obxectivo proporcionar un marco internacional para as políticas e prácticas da ciencia aberta. O texto inclúe unha proposta de definición da ciencia aberta, os seus compoñentes, valores e obxectivos.

Compromisos de las universidades ante la Open Science: no ano 2019 as universidades españolas no seo da CRUE acordaron o seu compromiso coa ciencia aberta aprobando un documento que contén dez accións para impulsar a Ciencia Aberta.

 

Iniciativas:

European Open Science Cloud (EOSC): iniciativa da Comisión Europea, é un entorno para aloxar e procesar datos de investigación para apoiar a ciencia da Unión Europea. O seu obxectivo é proporcionar aos investigadores, empresas e cidadáns europeos un entorno multidisplinar federado e aberto onde poidan publicar, atopar e reutilizar datos, ferramentas e servizos para a investigación, a innovación e fins educativos.

FOSTER (Facilitate Open Science Training for European Research): plataforma de e-learning que reúne os mellores recursos formativos para que investigadores, xestores de datos, bibliotecarios, universidades e axencias de financiamento incorporen enfoques de Acceso Aberto ás súas metodoloxías de traballo. É o resultado do proxecto do mesmo nome, financiado polo 7º programa Marco da UE.

OpenAire: infraestructura tecnolóxica e de servizos creada en 2009 para apoiar, acelerar e medir a correcta implementación das políticas europeas de acceso aberto a publicacións científicas e datos de investigación. Esta inciativa foi considerada pola Comisión Europea como un caso de éxito no camiño cara a ciencia aberta.

Outros recursos:

Center for Open Science (COS): organización tecnolóxica sen ánimo de lucro coa misión de "incrementar a apertura, integridade e reproducibilidade da investigación científica". Foi fundada en 2013 en Charlottesville despois da implementación e uso do Open Science Framework

F1000 Researchplataforma de publicación de investigación aberta para científicos, académicos e médicos que ofrece unha publicación rápida de artigos e outros resultados de investigación sen sesgos editoriais.

OKF Open Science Working Group: é unha rede global de investigadores, bibliotecarios, estudantes, gobernantes, editores, programadores, emprendedores, activistas e cidadans que creen que a ciencia aberta é unha ciencia mellor; desenvolven proxectos, defenden a a transparencia e fomentan unha comunidade nuclear de open scientists.

Open Research Europe: plataforma de publicación de acceso aberto, posta en marcha en 2021 pola Comisión Europea para a publicación de investigacións derivadas da financiación de Horizonte 2020 e o seu sucesor Horizonte Europa. 

Open Science Framework: software open source para a realización de proxectos que facilita a colaboración aberta na investigación científica. Desenvolvido e mantido polo Center for Open Science (COS), foi empregado como marco para o traballo no proxecto sobre reproducibilidade da investigación en psicoloxía (Reproducibility Project: Psychology). OSF soporta moitas extensións de terceiros para almacenamento: Amazon S3, Box, Dataverse, Dropbox, Figshare e Github; tamén ten a súa propia extensión de almacenaxe. Soporta Mendeley e Zotero como xestores bibliográficos.

Open Science Lens: extensión de Google Chome para o acceso á Ciencia Aberta a través de OpenAIRE.

Retraction Watch: blog que informa das retractacións de artigos científicos. Lanzado en 2010 polos directores editoriais Ivan Oransky e Adam Marcus, ten como obxectivo mellorar a transparencia do proceso de retractación.

Science Europe é unha asociación de organismos financiadores (Research Funding Organisations, RFO) e organizacións investigadoras (Research Performing Organisations, RPO) que ten como obxectivo fortalecer o Espazo Euopeo de Investigación (ERA).

ScienceOpen: rede de investigación e publicación para compartir e avaliar información científica. Por unha banda, agrega artigos de acceso aberto a partir dunha variedade de fontes - abrindoós para o seu comentario e discusión; por outra, publican en acceso aberto os manuscritos recibidos, que posteriormente avalían nun proceso de revisión por pares transparente.

The Vienna Principles: A Vision for Scholarly Communication in the 21st Century: documento elaborado por membros do grupo de traballo “Open Access and Scholarly Communication” da Open Access Network Austria (OANA) con doce principios (Accesibilidade, Detectabilidade, Reutilización, Reproducibilidade, Transparencia, Comprensibilidade, Colaboración, Control de Calidade, Avaliación, Progreso validado, Innovación, Ben público) que representan os alicerces dun futuro sistema de comunicación científica de ciencia aberta.