A Oficina Europea de Selección de Persoal (EPSO) xestiona o programa EU CAREERS AMBASSADORS. Este programa está destinado a promocionar nas comunidades universitarias as distintas posibilidades de emprego nas institucións europeas.
EPSO é unha oficina interinstitucional que se encarga da selección de persoal principalmente para o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea, a Comisión Europea, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o Tribunal de Contas Europeo, o Comité Económico e Social Europeo, o Comité das Rexións, o Servizo Europeo de Acción Exterior, o Defensor do Pobo Europeo e o Supervisor Europeo de Protección de Datos. Cada unha desas institucións contrata persoal a partir dunha listaxe que lle facilita a EPSO.
As función do/a embaixador/a EPSO serán:
A Universidade da Coruña (UDC) busca a un/unha estudante para que asuma durante o ano académico 2024/2025 as funcións de representante da mencionada Oficina na nosa institución.
Consulta a convocatoria na seguinte ligazón:
Convocatoria Programa EU CAREERS AMBASSADORS 2024/2025
Convocatoria Programa EU CAREERS AMBASSADORS 2023/2024