Formas xurídicas

ELECCIÓN DA FORMA XURÍDICA 

forma_juridicaAspectos a ter en conta no momento de efectuar a elección:

  • Tipo de actividade que se vai a exercer
  • Número de promotores
  • Responsabilidade das persoas promotoras
  • Necesidades económicas do proxecto
  • Aspectos físcais

 

TIPOS DE FORMAS XURÍDICAS - Características das principais formas xurídicas

Autónomo ou Empresario Individual

  • Definición: actividade exercida individualmente por persoa física que exercita directamente ou por medio de representante unha actividade empresarial
  • Número de socios: 1
  • Capital a achegar: non existe mínimo legal
  • Seguridade Social: autónomos
  • Responsabilidade dos socios: ilimitada (persoal)
  • Denominación: o nome da persoa física titular da actividade

Comunidade de bens

  • Definición: asociación de persoas ás que lles pertencen en común uns bens e dereitos indivisos; carente de personalidade xurídica propia
  • N.º socios: 2 ou máis
  • Capital a achegar: non existe mínimo legal
  • Seguridade social: autónomos
  • Responsabilidade dos socios: ilimitada (persoal)
  • Denominación: a súa denominación non está regulada, poderá adoptar calquera nome.

Sociedade Limitada

  • Definición: sociedade de tipo capitalista na que o capital social está integrado por achegas de todos os socios e atópase dividido en participacións iguais, acumulables e indivisibles, que non poden incorporarse a títulos negociables nin denominarse accións.
  • N.º socios:1 mínimo
  • Capital a achegar: mínimo 3.000 €
  • Seguridade social: autónomos para socios traballadores
  • Responsabilidade dos socios: limitada ao capital achegado
  • Denominación: razón social é libre, debendo figurar necesariamente a indicación Sociedade de Responsabilidade Limitada , Sociedade Limitada ou as súas abreviaturas S.R.L ou S.L . Non se poderá adoptar unha denominación idéntica á dunha sociedade xa existente.

Sociedade limitada nova empresa 

  • Definición: non é unha forma xurídica independente da S.L. senón que se trata da creación dun marco xurídico simplificado axilizando os trámites de constitución
  • N.º socios: mínimo 1 socio / máximo 5 socios
  • Capital a achegar: mínimo 3.000 € / máximo 120.000 €
  • Seguridade social: socios traballadores R.E.T.A.
  • Responsabilidade dos socios: limitada ao capital achegado
  • Denominación: constará de dous apelidos e o nome dun dos socios fundadores seguidos dun código alfanumérico. Deberá figurar ademais a indicación "Sociedade Limitada Nova Empresa" ou a súa abreviatura "SLNE".

Sociedade anónima

  • Definición: tipo de sociedade capitalista na que o capital está repartido entre moitos socios baixo a forma de accións
  • N.º socios: 1 mínimo
  • Capital a achegar: mínimo 60.000 €
  • Seguridade social: autónomos para socios traballadores
  • Responsabilidade dos socios: limitada ao capital achegado (agás o administrador único)
  • Denominación: na súa denominación deben figurar as palabras "Sociedade Anónima" ou a súa abreviatura "S.A.".

 Sociedade laboral

  • Definición: a maioría do capital debe estar en mans dos traballadores da empresa
  • N.º socios: mínimo 3, dos que 2 deben ser socios traballadores (con relación laboral por tempo indefinido e a xornada completa)
  • Capital a achegar: SLL 3000 € / SAL 60.000 €
  • Seguridade social: réxime xeral para socios traballadores
  • Responsabilidade dos socios: limitada ao capital achegado
  • Denominación:deberá figurar a indicación "Sociedade Anónima Laboral" ou "Sociedade de Responsabilidade Limitada Laboral", ou os seus abreviaturas SAL ou SLL, segundo proceda.

Sociedade cooperativa

  • Definición: constituída por persoas que se asocian, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, para realizar actividades empresariais, encamiñadas a satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas e sociais, con estrutura e funcionamento democrático. Prodúcese a máxima integración entre a achega de traballo e capital
  • N.º socios: 3 mínimo
  • Capital a achegar: mínimo 3.000 € (poden existir achegas voluntarias)
  • Seguridade social: elección entre autónomos e o réxime xeral
  • Responsabilidade dos socios: os estatutos deben determinala (limitada ou ilimitada)
  • Denominación: incluír necesariamente as palabras " Sociedade Cooperativa" ou a súa abreviatura "S.Coop", podendo engadir a expresión "Galega" ou en forma abreviada, "S.Coop. galega".

*A Comunidade Autónoma de Galiza ten competencia en materia de Cooperativas

Consello Galego de Cooperativas