Emprego

A unidade de emprego da Universidade da Coruña está integrada no Servizo de Atención e Promoción do Estudante (SAPE) que forma parte da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria. O seu obxectivo é proporcionar ao estudantado orientación, información e formación de cara á mellora da súa empregabilidade no acceso ao mundo laboral. As competencias da Unidade están relacionadas co impulso institucional nos ámbitos das prácticas externas, do emprendemento e das políticas activas de inserción laborais.

A Universidade da Coruña é, por cuarto ano consecutivo, centro colaborador do programa Explorer "Jóvenes con ideas" (Evolución de Yuzz) que impulsa o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo. Como novidade, terá dous espazos para os emprendedores universitarios, un na Coruña e outro en Ferrol, con 40 prazas cada un. 

A Universidade da Coruña participa con Universia, Human Age Institute e Trabajando.com no proxecto Talent at Work que está dirixido a mellorar as competencias e a empregabilidade dos xoves universitarios. As xornadas Talent at Work buscan ser un encontro no que profesionais de recursos humanos e empresarios axudan aos xoves a comprender o que hoxe en día demanda o mercado, así como ofrecer unha visión práctica do panorama laboral actual, información clave para coñecer as oportunidades de traballo ideais.

Séguenos en:

      fb_icon_325x325   twitter-2012-positive-logo-916EDF1309-seeklogo.com

Actualidade

17 Nov
80 prazas na Universidade da Coruña
09 Nov
Este bloque formará parte dun programa formativo polo que se concederá 1 crédito ECTS
17 Oct
7 e 8 de novembro de 2017
27 Jul
PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE MELLORA NAS PEMES GALEGAS