Emprego

A Unidade de Emprego da Universidade da Coruña está integrada na vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade e ten presenza física tanto na Coruña como en Ferrol. O seu obxectivo é proporcionar ao estudantado orientación, información e formación para a mellora da súa empregabilidade no acceso ao mundo laboral. As competencias da unidade están relacionadas co impulso institucional nos ámbitos das prácticas externas, do emprendemento e das políticas activas de inserción laboral.A través de programas formativos e de experiencias coas empresas, facilítase o coñecemento e acceso ao mercado laboral, o propio autocoñecemento en relación á elección dos obxectivos profesionais ou as competencias que solicitan as empresas.


En qué áreas se traballa?
  • Orientación laboral para o acceso á empresa privada e o emprego público. 
  • Asesoramento para o autoemprego e o emprendemento, que procura as ferramentas básicas para coñecer o mundo da creación de empresas dende a xeración dunha idea até a súa posta en marcha.
    O obxectivo das dúas áreas é crear situacións a través das cales o alumnado aprenda de forma significativa a través de programas propios ou en colaboración con outras entidades públicas e privadas significativas no mercado laboral.
Programas e actividades máis salientables
  • Foro Avanza (Xornadas e Feira de Emprego).

  • Empréga-T.- programa de formación para o emprego e experiencias coas empresas.

  • Xuventude Mentoring.- programa de orientación laboral, mentoría, formación e networking con empresas (iniciativa da Xunta de Galicia, CIXUG e a colaboración das tres universidades galegas que teñen o rol de centros colaboradores). 

  • Colaboración con iniciativas dos centros en eventos de orientación laboral ou profesional e para o emprendemento (xornadas de orientación profesional, feiras de emprego etc).

  • Programa de prácticas da Fundación ONCE-CRUE para estudantes con discapacidade recoñecida (33%).

  • Programa de prácticas Campus Rural.- programa de prácticas en municipios en perigo de despoboamento (iniciativa do Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico-MITERD) no que a UDC está a colaborar dende fai anos.

  • Programa de complementos de prácticas externas en colaboración co Banco Santander.

  • Programa de emprendemento Explorer X.- programa de promoción do emprendemento para mocidade universitaria da UDC.

  • Start-Up

  • IEBT (Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica).

Síguenos en:

         Linkedin_redondo_negro   logo instagram_negro   logo bluesky negro

Actualidade

Actualidade