Boix, fotógrafo de Mauthausen

Do 20 de febreiro ao 7 de marzo no Centro Cultural Universitario, Campus de Esteiro

BOIX

A traxectoria vital do fotógrafo Boix vai unida ao destino de miles de españois republicanos. Tras a vitoria franquista en 1939, deben fuxir a Francia e serán confinados en campos. Ao estalar a II Guerra Mundial os refuxiados españois participan na contenda e posteriormente son levados como prisioneros aos stalags.
Declarados apátridas sofren a deportación aos campos de concentración nazi.
Francesc Boix foi levado a Mauthausen, o 27 de xaneiro de 1941. No departamento de fotografía do campo retratará as condicións lamentábeis sufridas polos deportados. Grazas a unha rede de
colaboradores foi posíbel esconder miles de negativos que serviron como importante testemuño no xuízo de Nüremberg de
condena do réxime nazi. O campo de Mauthausen recibiu o maior
número de españois deportados: 7.532 dos cales 4.816 non sobreviviron.

INAUGURACIÓN exposición Boix, fotógrafo de Mauthausen

Mércores 20 de Febreiro ás 12 H

Interveñen:

Araceli Torres. Vicerreitora

Margarita Amor. Vicerreitora

Carmen García-Rodeja. ARMH

Visionado da PELÍCULA : El fotógrafo de Mauthausen.

Luns 25 de Febreiro ás 12.30h

Dirixida por Mar Targarona e protagonizada por Mario Casas

CONFERENCIA de Carlos Hernández de Miguel: Os últimos españois de Mauthausen

Mércores 27 de Febreiro ás 12.30h

Carlos Hernández, xornalista e investigador

ENCONTRO CON FAMILIARES DE DEPORTADOS

Xoves 7 de Marzo ás 12.30h

 

Coordina: Carmen García-Rodeja
Comisaria:Mónica Borrás

 

Logo ARMH