PRESENTACIÓN

UDConTIC gallego

A Unidade de Teleformación (UDConTIC) é un servizo do CUFIE, dependente da Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente, que ten como misión fundamental a de prestar apoio a todas aquelas accións relacionadas co ámbito da teleformación dentro da UDC. Entre as súas liñas de traballo e actuación, recóllense tamén as de contribuír a dar impulso á innovación educativa e á integración das tecnoloxías da información e as comunicacións no proceso de ensino-aprendizaxe dentro das distintas titulacións da UDC.

 

Por conseguinte, a UDConTIC ten o reto de traballar para acadar os seguintes obxectivos:

  • Xestionar aqueles cursos do Plan de Formación do Cufie que se impartan en modalidade on line ou semipresencial.
  • Dar soporte metodolóxico ás accións relacionadas co ámbito da teleformación.
  • Promover o deseño de proxectos e accións formativas de apoio á docencia semipresencial.
  • Promover a integración das tecnoloxías educativas na actividade docente.
  • Facilitar a actualización constante do profesorado universitario para a adquisición e mellora das súas competencias dixitais.
  • Impulsar a creación, desenvolvemento e difusión de proxectos de innovación educativa entre a comunidade universitaria.
     

Asimesmo, a UDConTIC terá entre as súas funcións as seguintes:

  • Facilitar mediante accións formativas e materiais creados ao efecto o proceso de virtualización de materias e/ou títulos da UDC.
  • Ofrecer asesoramento e formación aos docentes para a creación dos seus propios materiais didácticos multimedia para a aprendizaxe.
  • Dar soporte metodolóxico á virtualización e á implementación de contidos de aprendizaxe na plataforma Moodle.
  • Prestar apoio ao desenvolvemento e a difusión de proxectos de innovación educativa