
Títulos novos RD822/2021 curso 24/25:
- Máster Universitario en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable
- Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
- Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
- Máster Universitario en Internet das cousas IoT
- Máster Universitario en Biofabricación
Títulos con modificacións substanciais adaptados ao RD822/2021 curso 24/25:
- Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
- Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental
- Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Instrucións xerais:
- Calendario: este calendario será de aplicará a todas as titulacións de todos os centros da UDC, agás para as titulacións da Facultade de Filoloxía (que farán as guías docentes en SIGMA e seguirán un calendario específico).
- Aplicación na que se farán as guías docentes:
- SIGMA: só para titulacións da Facultade de Filoloxía.
- GADU: todas as titulacións de todos os centros, agás ás da Facultade de Filoloxía.
- En GADU, no caso de títulos que se impartan en máis dunha modalidade, realizarase unha guía docente por modalidade, cada unha cun código diferente.
(1) Observacións para o/a coordinador/a da titulación:
1.1. [Novo] Introducir “Resultados de aprendizaxe” en títulos adaptados ao RD 822/2021:
(Só para títulos novos e títulos con modificacións substanciais)
Entre os resultados de aprendizaxe tamén se inclúen aqueles relacionados cos ”Principios e valores democráticos aliñados cos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) no deseño dos planes de estudo dos títulos universitarios oficiais da Universidade da Coruña”. Estas categorías recollen e amplían o alcance das denominadas “Competencias tipo C (transversais/nucleares)” da UDC.
1.2. Asignar “Resultados de aprendizaxe” da titulación ás materias:
(Só para títulos novos e títulos con modificacións substanciais - adaptados ao RD 822/2021)
- Asignar en GADU os “Resultados de aprendizaxe” da titulación ás materias segundo recolle a Memoria verificada do Título.
- Dispón do titorial de axuda “Novas funcionalidades en GADU para o perfil Responsable de Titulación” en udc.gal/cufie/GD/materiales, no que se indica o proceso para asignar as competencias a cada materia.
(2) Observacións para o/a docente da materia:
2.1. Novos apartados a cubrir na sección “Datos Identificativos”:
- “Modalidade docente”. Indicar, segundo se contemple na memoria de verificación, se a materia é: “Presencial”, “Semipresencial” (Híbrida) ou “A distancia” (Virtual).
2.2. Observacións xerais para editar, modificar e confirmar as guías docentes
Ao entrar en GADU para elaborar as guías docentes dun novo curso se visualiza unha copia das guías do curso en vigor. Por tanto, o profesorado NON debe usar a función “Importar de” para cargar contido das súas guías.
Para elaborar unha guía docente dun novo curso debe valorar as seguintes situacións e proceder segundo se indica para cada caso:
1. Se non precisa facer cambios:
Confirmar a guía docente no “Paso 10: Confirmar guía docente”, premer “Enviar confirmación” e o semáforo quedará en amarelo. Será función do/a coordinador/a pasar o semáforo a verde unha vez revisada a guía (se procede facelo).
2. Se precisa pequenos cambios:
Fágaos e confirme a guía, deixando o semáforo amarelo para revisión por parte do/a coordinador/a.
3. Se a guía non está feita (baleira por iniciarse a implantación do título) ou está feita pero desexa cambiar todo o seu contido, pode:
- Editar cada un dos pasos para introducir o contido.
- Utilizar a función “Importar de” do panel de materias para importar a guía docente doutra materia que ten a guía feita e contén información común. Realizada a importación, é preciso revisar os distintos apartados para facer os cambios necesarios ou encher os campos baleiros.
- En calquera dos casos, confirmar a guía docente, deixando o semáforo en amarelo para revisión por parte do/a coordinador/a.
2.3. Contribución das metodoloxías e avaliación ao desenvolvemento de competencias/resultados de aprendizaxe do título:
- “Paso1: Competencias do título/Resultados de aprendizaxe en títulos adaptados ao RD 822/2021”: revisar que as materias teñen asignadas as competencias (resultados de aprendizaxe, no caso de titulacións adaptadas ao RD 822/2021) do título segundo recolle a Memoria verificada do Título (ver Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título). Se faltan competencias/resultados de aprendizaxe por asignar ou ten asignadas outras/os que non corresponden á materia, debe comunicalo á Coordinación do Título.
- “Paso 2: Resultados de aprendizaxe”: revisar a asignación dos resultados de aprendizaxe ás competencias do título (so en GADU para títulos no adaptados a RD822/2021).
- “Paso 4: Planificación” e “Paso 7: Avaliación”: indicar na columna “competencias” a contribución das Metodoloxías e dos Sistemas de Avaliación ás competencias/resultados de aprendizaxe do título.
- Dispón dos recursos de apoio en http://www.udc.gal/cufie/GD/materiales:
- “Novas funcionalidades en GADU para o perfil Profesor” (como reflectir a contribución das metodoloxías/resultados de aprendizaxe e dos sistemas de avaliación ao desenvolvemento das competencias/resultados de aprendizaxe do título asignadas á materia).
- “Guía para a elaboración das guías docentes de materia na UDC” (se indican, paso a paso, as orientacións metodolóxicas para o deseño das guías docentes).
2.4. Na avaliación deberase indicar:
“Paso 7: Avaliación”, apartado “Observacións”:
- Observacións relevantes para a 1ª oportunidade sobre criterios e actividades de avaliación, peso que terán na avaliación global e porcentaxe que dispensa da asistencia.
- Observacións relevantes para a 2ª oportunidade sobre criterios e actividades de avaliación, peso que terán na avaliación global e porcentaxe que dispensa da asistencia.
- Describir para a oportunidade adiantada os criterios e actividades de avaliación e o seu peso na avaliación global.
(Ver “Guía para a elaboración de guías docentes de materia” pax.35)
Respecto ao “alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica”:
[Novo] A fin de simplificar, indicar: “todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” Non é preciso dar mais información ao respecto.
Ademais, poderase recoller:
“Paso 6: Atención personalizada”: describir as medidas de atención personalizada específicas indicando as metodoloxías que se desenvolverán con este alumnado.
2.5. Confirmación da guía docente en:
- “Paso10: Confirmar guía docente”: cada novo curso ao cargar as guías o semáforo aparece en vermello. Premer “Enviar confirmación” e o semáforo quedará en amarelo. Será función do/a coordinador/a pasar o semáforo a verde unha vez revisada a guía (se procede facelo).
Nota importante: Para acceder á versión das guías anteriores ao curso 15/16 habilitouse unha ligazón na páxina de entrada a GADU (https://guiadocente.udc.es). Na vista pública das guías pódense visualizar e descargar en (pdf) as guías de todo os cursos.
A Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización coordina este proceso a través da Área de Guías Docentes do CUFIE, que informa e apoia dende a web http://www.udc.es/cufie/GD, e o correo electrónico gadu@udc.es.
A Coruña, 20 de xuño de 2024
Moisés Canle López
Vicerreitor de Titulacións e Internacionalización