Algunhas das condicións son:
Solicitudes: 03 a 21/03
Convocatoria: https://www.boe.es/boe/dias/2025/03/01/pdfs/BOE-B-2025-7519.pdf
+info: https://www.inmujeres.gob.es/servRecursos/convocatorias/2025/BecasFormacionMariaTelo.htm
Bolsas de Internacionalización Empresarial do ICEX a persoas físicas, con nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea, para realizar un Máster Universitario en Xestión Internacional da Empresa (MBA in International Management) (Fase 0), prácticas na rede de Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior (Fase I), así como prácticas en empresas, entidades ou organismos internacionais dos que España é membro (Fase II).
A finalidade última será a inserción laboral dos bolseiros/as ofrecendo oportunidades profesionais e axudando a conseguir empregos estables, cualificados e de calidade.
Solicitudes: 18/03 ata 02/04 ás 14:00 horas (España)
+info: https://www.icex.es/es/todos-nuestros-servicios/formacion/becas/nuestras-becas/becas-activas/becas-icex-50-promocion
Convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para estudos posobrigatorios no curso 2024/25 e cuxa finalidade é a compensación ao alumnado que reúna determinados requisitos socioeconómicos e
académicos polos gastos que conleva o proceso educativo, mediante a concesión directa e pagamento dunha bolsa.
Solicitudes: do 24/03 ás 08:00 h ata o 14/05 ás 15:00 h (hora peninsular)
+info: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2025.html
Os proxectos de coñecemento da realidade (PCR) son unha iniciativa en que o alumnado da UDC ten a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación e que o traballo que desenvolva sexa validado con proxectos de fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira. Ademais disto, a realización dun PCR constitúese como unha importante ferramenta de sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumnado beneficiario, como para a sociedade en xeral, xa que, á volta da estadía, se realizan charlas para dar a coñecer a experiencia.
Solicitudes: ata o 02/04
+info: https://www.udc.es/ocv/cooperacion/convocatorias-pcr-00001/
A finalidade desta convocatoria é a de sufragar os prezos públicos de matrícula e contribuír a paliar as dificultades económicas que lle impidan continuar os estudos conducentes á obtención dun título universitario oficial de grao ou máster.
Data: Solicitudes ata o 02/04
+info: https://www.udc.es/sape/bolsas_axudas_premios/axudas_dificultades_economicas/
A convocatoria establece as bases reguladoras das axudas a programas de actividades estudantís no ano 2025. Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións da UDC legalmente constituídas que cumpran os requisitos establecidos na dita convocatoria.
Solicitudes: ata o 10/04
+info: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2025/002614
A través do Premio Emprende UDC, o Consello Social da Universidade da Coruña recoñecerá publicamente os estudantes e titulados da UDC que presenten a mellor idea emprendedora. Poderán ser beneficiarios do Premio Emprende UDC o estudantado e persoas tituladas nos últimos tres anos de calquera titulación oficial da UDC na data de apertura do prazo de presentación das propostas de candidatura.
Prazo de candidaturas: ata 19/05
+info: https://www.premiosconsellosocialudc.es/gl/premio-emprende-udc
Trátase dunha formación transversal e interdisciplinar que abrangue desde a historia do mar ata o dereito do mar, pasando pola economía marítima, o dereito marítimo, a actividade pesqueira, o medio ambiente marítimo, o transporte e a enxeñaría marítima, as xentes do mar e a utilización das novas tecnoloxías dixitais e a intelixencia artificial aplicada ás actividades marítimas.
Este curso está organizado polo Instituto Universitario de Estudos Europeo Salvador de Madariaga da UDC, en colaboración coa Cátedra Jean Monnet "Dereito da Unión Europea dos océanos: novos escenarios xurídico-marítimos" (UDC), co-financiada pola Unión Europea, e coa Fundación MarInnleg (Vigo).
Datas: 07/05 a 18/06, mércores e os xoves de 16:30 a 19:30 en modalidade en liña
Inscricións: ata o 30/04
Prezo: 80 €
+info: https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=2162&idioma=GA
O obxectivo deste curso é ofrecer os principios básicos, os coñecementos e as pistas necesarias para axudar ao estudantado no proceso de toma de decisións de carácter financeiro. É un curso de 10 h en modalidade virtual asíncrona. Unha vez superado, emitirase unha acreditación oficial válida para recoñecemento de créditos para o alumnado de grao.
Matrícula: 17 a 31/03
Datas do curso: 01 a 30/04
+info: https://udcaberta.udc.gal/
As I Semanas Metodolóxicas en Ciencias Sociais da UDC aspiran a servir como plataforma formativa e de divulgación relativa ás experiencias, retos, innovacións e problemas no desempeño do labor investigador no campo amplo, diverso e múltiple das Ciencias Sociais. O seu propósito é tamén o de xerar un espazo para a experimentación: ante dinamismos, cambios e incertezas crecentes, produto de transformacións sociais, educativas, demográficas, económicas, políticas, ambientais ou sanitarias, e de grandes cambios tecnolóxicos que están a modificar os patróns de relación, interacción e comportamento social, xorde a necesidade de apostar pola creatividade, a hibridación e a apertura metodolóxica. Dado que o presente está marcado por cambios substanciais en todos os ámbitos da realidade social, vémonos na obrigación profesional de mellorar e reformular a forma de produción de coñecemento especializado e as nosas ferramentas de análises.
Datas: 17/03 a 03/04, en horario de tarde, de luns a xoves
+info: https://mias.udc.es/wp-content/uploads/2025/03/semanas_metodoloxicas_PROGRAMA.pdf
O programa EMPRÉGA-T desenvolve as ferramentas e recursos máis eficaces para acceder ao emprego presente e futuro tendo en conta o impacto da Intelixencia Artificial nos procesos de selección e no caso da opción do emprendemento, como xurden as ideas e proxectos e se implementan apoiados no ecosistema da persoa emprendedora. Está dirixido a estudantes de grao, másteres oficiais, títulos propios, doutoramento e de programas de mobilidade da UDC.
Ideas de empresa e proxecto empresarial
Este obradoiro contará coa colaboración de ASCEGA cos relatores Pablo Ruíz Cuadrado na Coruña e Gonzalo González Pérez en Ferrol.
Contidos: As ideas de empresa / Avaliación da idea de empresa / Transformación da idea en proxecto / Como vender a idea de empresa / Vías de financiación do proxecto empresarial
Data: 26/03 de 9:00 a 13:00 h simultaneamente na Coruña (Pavillón de Estudantes) e en Ferrol (Edificio Batallóns)
+info: https://www.udc.es/emprego/_galeria_down/4Obradoiro_IdeasEmpresaProxectoEmpresarial.pdf
Todos os obradoiros:
20/03 (prazo até o 19/03 ás 14:00 h): Probas de selección de persoal: A Entrevista
26/03 (prazo até o 25/03 ás 14:00 h): Ideas de empresa e proxecto empresarial
03/04 (prazo até o 02/04 ás 14:00 h): Onde buscar emprego ou prácticas?
09/04 (prazo até o 08/04 ás 14:00 h): Ecosistema da persoa emprendedora
Prezo: de balde. Terás un agasallo (1 bolsa UDC) en cada obradoiro e dereito a participar no sorteo dun suadoiro tamén en cada obradoiro
+info: https://www.udc.es/emprego/formacion/obradoiros/
A partir do luns 10 de marzo ás 10:00 abrirase o prazo de preinscrición para os cursos de abril destinados ao alumnado de grao e máster da UDC. O prazo pecha o domingo 16 de marzo ás 23:55. Cursos dispoñibles:
Deseño e creación dunha presentación multimedia atractiva
Datas: 01 a 30/04
Lugar: UDCOnline
Mellora da empregabilidade
Datas: 01 a 30/04
Lugar: UDCOnline
Preinscrición: 10 a 16/03
+info: https://www.udc.es/cufie/UFA/PAA/cronograma/
O tema principal deste evento será a natureza textual e colaborativa da cibercultura, que se manifesta a través da aparición das comunidades fandom online, o fan fiction, o fan art, os headcanons e as narrativas creadas a través do xogo inmersivo. A novidade deste ano é que será de modalidade híbrida (in situ e en liña) para facilitar a participación. Pódense enviar propostas dun máximo de 250 palabras en galego, español ou inglés. Tamén recordamos que as liñas son orientativas e que outras ideas serán ben recibidas.
Datas: 09 e 10/04 (límite para enviar as propostas: 14/03)
Lugar: salón de graos da Facultade de Filoloxía da UDC e en liña
+info: Tecnoculturas_galego.pdf
O obxectivo principal é ofrecer un apoio formativo práctico e especializado ao alumnado que se atopa no proceso de elaboración do seu TFG ou TFM. Estas xornadas buscan facilitar o desenvolvemento de competencias específicas necesarias para levar a cabo as súas investigacións, desde a planificación inicial ata a presentación final, proporcionando ferramentas que promovan a rigorosidade académica, a orixinalidade e a comunicación eficaz dos resultados.
Datas: 4 xornadas: 17/02 (3 relatorios), 21/03 (3 relatorios), 11/04 (3 relatorios) e 09/05 (4 relatorios)
+info: https://integridadacademica.com/index.php?pagina=eventos&id=152
Visionada desta curta experimental que retrata o día a día dun grupo de traballadoras de froitas de plástico en México e posterior debate.
Data: 24/03
+info: https://www.udc.es/novas/Documental-e-debate/
A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 125 entradas dobres de balde para o vindeiro concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)
Concerto: 05/04
Solicitudes: 24 e 25/03
+info: https://normal.udc.es/solicitude-de-entradas-para-os-concertos-da-orquestra-sinfonica-de-galicia-marzo-2025-2/
O Marzo Ambiental 2025 é un ciclo de actividades diversas que constitúe unha peza clave de educación para a sustentabilidade na UDC. Está organizado pola Oficina de Sustentabilidade e os Comités Green Campus da UDC, e conta tanto con actividades teóricas (palestras, mesas redondas) como prácticas (obradoiros, visitas técnicas, voluntariado ambiental), achegando unha perspectiva ampla á realidade climática e de sustentabilidade actual.
Só tes que escoller o tema e o lugar para participar en actividades variadas arredor do medio ambiente e a sustentabilidade. Consulta o programa completo e inscríbete (importante para as actividades con límite de prazas). Súmate ao laboratorio do cambio da UDC: O Marzo Ambiental 2025 agarda por ti!
Semana do 24 ao 28
Ademais, non deixes de visitar as exposicións localizadas en varios centros, consulta no programa.
Certificado de participación e recoñecemento de créditos*
+info: https://www.udc.es/novas/Marzo-Ambiental-2025/
"Reflexos do Ártico" é un ciclo de documentais que explora a vida cotiá e os desafíos ambientais e culturais que enfrontan os habitantes do Ártico, unha viaxe visual polas súas paisaxes e as comunidades que as habitan. Dirixido a toda a comunidade universitaria.
Datas: do 10/03 ata o 31/03
Prezo: de balde
+info: https://normal.udc.es/reflexos-do-artico/
As Rutas Culturais en Ferrol 2025 son visitas guiadas por diferentes lugares e espazos de Ferrol da man dunha guía especializada. Realizaranse as seguintes:
A inscrición é de balde cubrindo o correspondente formulario. O máximo de asistentes é de 25 persoas por ruta, elixidos por orde de inscrición. Só os seleccionados recibirán unha mensaxe de confirmación; os restantes inscritos formarán parte dunha listaxe de reserva.
+info: https://normal.udc.es/rutas-culturais-en-ferrol-2025/
A Área de Deportes organiza a 5ª ruta a pé do presente curso académico, que se iniciará no concello de Carral. Trátase dunha ruta de dificultade media para gozar dunha actividade saudable ao aire libre dirixida a todos os perfís de idade e condición física. Terá unha duración aproximada de 4,5 horas e será guiada por persoal especializado.
Os membros da comunidade universitaria e familiares (cónxuxes e fillas/os) poderanse inscribir a partir do luns 10 de marzo. Todas as prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición e pagamento ata completar o número máximo (35 prazas).
Datas: sábado 22/03 (inscricións a partir do luns 10/03 ás 8:30 h)
Prezo: con Abono Deporte: 5 €/ruta - sen Abono Deportes: 10 €/ruta
+info: https://www.udc.es/novas/Ruta-a-pe.-O-Xalo-desde-Carral/
A Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación organiza un club de lectura aberto a toda a comunidade universitaria. O próximo 9 de abril reunirémonos para falar de "Catedrales" de Claudia Piñeiro.
Para participar só tedes que inscribirvos a través deste Formulario
Data: 09/04
+info: https://www.udc.es/gl/biblioteca.comsoc/Actividades/Club-de-lectura
II Torneo de LOL por equipos
01/04 a 30/06
Tras o éxito do celebrado no curso pasado, procedemos a convocar o II Torneo de LOL por equipos
Torneo online de xadrez de lentas
01/04 ata finalización
Tradicional torneo online de xadrez a ritmo lento, para estudantes ou membros da universidade
Clases de xadrez
Ata fin de curso, 20 euros/mes
Clases semanais de xadrez os venres ás 17:30 para distintos niveis de xogo
Partidas de xadrez
Venres ás 19:30 ata fin de curso
Partidas amigables todas as semanas para membros da universidade os venres ás 19:30
+info: https://www.xadrezuniversitario.org https://iniciativasuniversitarias.blogspot.com
Concurso-exposición de fotografía sobre o estado de conservación e a biodiversidade das contornas dos campus da UDC.
Esta actividade enmárcase na programación do marzo ambiental, e está dirixida a toda a comunidade universitaria (estudantado, alumni UDC, profesorado, persoal de administración e servizos).
As persoas participantes deberán enviar un máximo de 3 fotografías. Entre as recibidas realizarase unha selección para a súa exposición na Facultade de Ciencias. Dende o día 21 de marzo ate o 21 de abril, as persoas que a visiten poderán votar a súa fotografía preferida a traverso dun formulario forms. Premiaranse as 3 fotografías que acaden máis votos.
Data límite de envío: 17/03
Exposición: desde o 25/03
Votación: do 25/03 a 25/04
Resolución premios: 29/04
+info: https://udcgal-my.sharepoint.com/:b:/g/personal/r_salvado_udc_es/EYOtc6xLHWRPlhHB-yXinMYBUB_y2sXJ7zb4Ep-67VMGYQ?e=34NV2R
Acaba de estrearse o segundo podcast da 3.ª tempada de Onda Ciencia, o proxecto de radio e podcast da Unidade de Divulgación Científica da UDC, desenvolvido conxuntamente con CUAC FM. O título desta segunda achega é “Xenofobia e racismo desde unha perspectiva interseccional” e contou coa participación de Laura Oso, José Ángel Brandariz e Montserrat Castro, investigadores da Universidade da Coruña, cunha longa traxectoria nos campos da socioloxía, o dereito e as ciencias da educación.
Podes escoitar Onda Ciencia todos os martes ás 13:00 h no teu receptor de radio, no 103.4 FM do teu dial, ou no directo da web de CUAC FM, todos os martes ás 13:00 h. Tamén podes acceder a este e a outros episodios de Onda Ciencia Radioco e nas canles de CUAC FM en en Youtube, Spotify, Acast ou Ivoox.
Convidámosvos a escoitar este novo episodio e a compartir esta iniciativa.
+info: https://cuacfm.org/directo/ https://www.youtube.com/@cuacfm
Mesa participativa de asesoría sobre drogas in situ con voluntariado de Cruz Vermella Xuventude.
Datas: 26/03, 10.00 a 12.00 h
Lugar: vestíbulo de Facultade de Socioloxía e Facultade de Ciencias da Comunicación
+info: udc.saudable@udc.es
A UDC está a desenvolver o I Plan de Participación Estudantil co obxectivo de incrementar a participación do estudantado en todos os ámbitos de actuación da universidade. Isto é clave para o voso desenvolvemento integral e redunda nunha universidade máis aberta.
Se ben será un proceso participativo de toda a comunidade universitaria, os estudantes tedes un rol protagonista. Por isto, convidámosvos a participar na primeira etapa de elaboración do plan coa formación dun grupo de discusión no que debateremos sobre o nivel de participación estudantil na UDC, así como os factores que a potencian e tamén os que a limitan.
Aproveitade esta oportunidade de construír a universidade que queredes!
Datas: segundo cuadrimestre de 2024/2025 (principalmente marzo e, de ser o caso, abril)
Inscrición: https://forms.office.com/e/0i9tNPu8kG
A Consellería de Sanidade e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convocan un concurso de curtametraxes dirixido aos estudantes universitarios para o curso 2024/25, que ten como tema a doazón e os beneficios do transplante de medula ósea, co fin de promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón, entendida como un acto voluntario e altruísta.
ADOS SERGAS colabora coa UDC na doazón de sangue, medula ósea e órganos, mediante convenio mediado pola UDC Saudable.
Data: ata o 30/06
+info: https://www.sergas.gal/Doazon-e-Transplantes/2024-25-Concurso-Universitario