Open Methodology

metodoloxía aberta

A Open Methodology (Metodoloxía aberta) fai referencia á apertura dos métodos empregados polo persoal investigador para acadar os resultados científicos, de forma que poidan estar dispoñibles públicamente. Preténdese con esta metodoloxía que os resultados da investigación sexan completamente comprensibles e reproducibles. 

Unha das súas implementacións máis comúns é a dos Open Workflows, na que se documentan de forma pública e transparente todas as etapas dos fluxos de traballo. A continuación ofrécense recursos e ferramentas de utilidade para cada unha das etapas nas que se estruturan estes fluxos de traballo.

 

Preparar:

Asana: ferramenta que permite xestionar de forma sinxela as tarefas e os proxectos dun equipo. Conta cunha versión gratuíta.

ERC Grants: as ERC (Consello Europeo de Investigación) Grants apoian a investigadores/as individuais de calquera nacionalidade e idade que desexen continuar a súa investigación en Ciencia Excelente.

Grants & Fundings / NIH (National Institute of Health): páxina de información do NIH sobre o proceso de solicitude das súas axudas á investigación.

Microsoft Planner: ferramenta multiplataforma que axuda a organizar o traballo en equipo, cunha administración das tarefas moi intuitiva e visual. 

Spencer Foundation: portal que recolle propostas de financiamento e axudas no ámbito da Educación.

Trello: ferramenta  para xestionar proxectos e organizar tarefas de forma colaborativa.  Conta cunha versión gratuíta.

 

Descubrir:

Annotation Studio:  aplicación web en aberto que permite facer anotacións de documentos electrónicos.

Dataverse: aplicación web de código aberto para compartir, preservar, citar, explorar, e analizar os datos de investigación. Facilita a dispoñibilidade dos datos para a comunidade científica e permite replicar outros traballos máis facilmente.

Dryad: repositorio que permite que os datos da investigación póidanse descubrir, utilizar libremente e citar.

GitHub: repositorio de códigos de programación que permite controlar as súas versións.

OSF: Open Science Foundation. Plataforma que permite descubrir proxectos, datos, materiais e persoal colaborador para a xestión de proxectos no proceso de investigación. 

Hypothes.is: ferramenta libre que permite manter discusións, ler, estudar, organizar a investigación e tomar notas persoais.

Zenodo: repositorio que recolle e comparte os resultados e os datos da investigación e os fai accesibles e citables. Foi creado por OpenAIRE e CERN co apoio da Comisión Europea.

 

Analizar:

AsPredicted: sitio web que permite prerrexistrar un estudo.

MyExperiment: entorno colaborativo no que os/as científicos/as poden publicar con seguridade os seus fluxos de traballo -workflows- e os seus experimentos realizados por computadora, compartilos con grupos e atopar os de outros.

Orange: ferramenta que ofrece aplicacións de gran utilidade para a análise de datos e de texto, así como características de aprendizaxe automático.

Protocols.io: repositorio open access de métodos científicos. Permite crear e revisar protocolos. Os protocolos son privados mentres non se publican.

PubPeer: sitio web que permite participar na revisión por pares despois da publicación e incluso facer comentarios anónimos posteriores á publicación. 

 

Escribir:

Overleaf: servizo de LateX colaborativo.

Authorea: sitio web para a edición colaborativa de artigos científicos.

Jupyter: ferramenta que permite traballar con datos e compartir os resultados, desenvolver software de código aberto, estándares abertos e servizos para unha computación interactiva. Jupyter Notebook é unha aplicación web aberta que permite crear e compartir documentos.

 

Publicar:

Arxiv.org: é un arquivo electrónico automatizado e un servidor de distribución para artigos de investigación. Inclúe: física, matemáticas, ciencias da computación, bioloxía e estatística. A biblioteca da Cornell University encárgase do seu mantemento.

BioRxiv: arquivo en liña para prepublicacións de artigos científicos no ámbito da bioloxía, mantido polo Cold Spring Harbor Laboratory (CSHL).

Creative Commons: licenzas que protexen os dereitos de propiedade intelectual dos/as autores/as ao mesmo tempo que permiten a copia, distribución e uso da obra, polo menos sen finalidade comercial.

DOAJ: directorio que da acceso a revistas de alta calidade publicadas en acceso aberto.

F1000Research: plataforma en aberto que ofrece unha rápida publicación de artigos e outro resultados de investigación con revisión por pares e apoio editorial

Publicar en Acceso Aberto - Guía para publicar - INFOguías da Universidade da Coruña

RIO: revista que publica todos os resultados do ciclo da investigación incluíndo: propostas de proxectos, datos, métodos, fluxos de traballo, software, informes e artigos de investigación nunha plataforma colaborativa. Abrangue todas as áreas do coñecemento.

SciRev: plataforma que axuda a elixir as revistas de cara a publicación grazas as experiencias doutros/as investigadores/as.

 

Divulgar:

Figshare: repositorio en liña gratuíto tanto para o acceso como para a subida de documentos. Permite gardar todo tipo de documentos resultado dunha investigación que, doutros modos, non se publicarían: datos, imaxes, vídeos, figuras.

LabArchives: aplicación baseada na web, deseñada para organizar e compartir os datos de laboratorio con colegas, estudantes e calquera outra persoa. Ten versións gratuíta e de pago, paara usuarios individuais ou institucionais.

Redes e comunidades científicas (infoguía UDC)

Twitter: microblogging que permite difundir información en forma de mensaxes dun máximo de 280 caracteres. Moi útil para dar a comunicación de noticias de forma precisa e sucinta.

 

Avaliar:

Métricas alternativas - Acreditación e avaliación da actividade investigadora - INFoguías da Universidade da Coruña

Reproducibility Initiative (Validation by the Science Exchange network): iniciativa que identifica e premia a investigación de calidade altamente reproducible mediante a validación independente dos seus resultados clave. A validación permite usar o distintivo "Independently Validated" da Reproducibility Initiative. Os resultados poden ser publicados como un estudo de validación na colección PLoS reproducibility collection, os datos almacenados na reproducibility collection de Figshare e o impacto seguido en Mendeley.