O GreenMetric World University Ranking é unha iniciativa da Universidade de Indonesia que se realizou por primeira vez en 2010. O obxectivo deste ranking é proporcionar unha clasificación atendendo ás políticas relacionadas co medio ambiente (loita contra o cambio climático mundial, conservación da enerxía e a auga, reciclaxe de residuos…) nas universidades de todo o mundo. Actualmente avalíanse 1477 universidades de todo o mundo.
Datos das propias universidades.
16 de decembro de 2024
A UDC ocupa a posición 6 das 32 universidades españolas avaliadas. No ámbito mundial ocupa a posición 186 das 1477 universidades estudadas. Estes datos sitúana entre o 12% das mellores universidades do mundo. Destaca, sobre todo, en xestión de residuos e reciclaxe onde se sitúa como a primeira universidade do mundo (compartindo posto con outras 14 universidades)



Actualizado: decembro 2024