A nosa Universidade ven contribuíndo ao desenvolvemento humano e social das persoas adultas en correspondencia co que elas, mediante a súa experiencia, traballo e esforzo, achegaron e achegan á nosa sociedade.
Por outra banda, as institucións públicas galegas, tal e como establecen a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia, teñen a obriga de poñer os medios para facer extensivo o coñecemento e o saber a toda a sociedade, tanto o coñecemento universal como o local; este último máis relacionado coa memoria histórica e social das nosas comarcas e concellos.
Para facer efectiva esta acción desde a UDC foi preciso establecer unha colaboración entre as administracións públicas e os concellos para desenvolver un Programa Específico de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos no Entorno Rural, onde a Universidade sería a encargada de elaborar as intervencións educativas coa finalidade de alcanzar diferentes obxectivos. A continuación exponse os principais elementos deste programa.
Finalidade e obxectivos
A finalidade esencial do Programa é achegar ás persoas maiores das comarcas implicadas, unha realidade formativa: o Programa Universitario para Maiores da UDC -a Universidade Sénior-, que se ven impartindo nas cidades de Coruña e Ferrol dende hai máis dunha década.
Os obxectivos nos que se traducen esta finalidade son:
O obxectivo principal deste programa é favorecer a democratización do coñecemento; potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos das Comarcas colaboradoras no proxecto. Para elo utilizamos accións específicas que se concretan nos seguintes obxectivos: