Plan de Estudos - Formación Específica "Patrimonio Cultural"

Banner Postgrao Patrimonio 2024-2025

PROGRAMACIÓN

Módulo I: "O Patrimonio Cultural e a súa salvagarda"

A través deste módulo ofrecerase unha aproximación teórica básica ao concepto de patrimonio cultural, as súas diferentes tipoloxías e a súa xestión. Iniciarase o estudo dos distintos tipos de patrimonio a través do patrimonio histórico-artístico, con especial atención á arquitectura.

Obxectivos:

  • Comprender o concepto de patrimonio cultural e a súa evolución no tempo
  • Identificar as diferentes tipoloxías do patrimonio cultural
  • Estudar as distintas fases da xestión do patrimonio
  • Coñecer o patrimonio histórico-artístico arquitectónico
  • Aprender a aplicar a Interpretación do patrimonio como ferramenta para a súa conservación, comprensión e desfrute.

Constará de 3 créditos que se corresponden con 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas cada unha, de 50 minutos de duración.

Contidos:

 

Módulo II: "Explorando a diversidade patrimonial"

As tipoloxías patrimoniais son múltiples e variadas. Neste módulo farase unha selección dalgunhas delas, nas que se profundará dun xeito teórico e dende unha perspectiva práctica.

Obxectivos:

  • Estudar o patrimonio dende a súa vertente inmaterial
  • Coñecer o significado e valor do patrimonio industrial
  • Profundar no cine como ben patrimonial

 

Este módulo consta de 3 créditos que se corresponden 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas cada unha, de 50 minutos de duración.

Contidos:

 

Módulo III: "O Patrimonio da Universidade da Coruña e a súa contorna"

A Universidade da Coruña é depositaria dun amplo patrimonio formado por diversas manifestacións presentes en todos os seu campus. Este legado con frecuencia é descoñecido ou pasa desapercibido para as persoas que o ocupan ou percorren no seu día a día. Este módulo constitúe unha boa oportunidade para dalo a coñecer e aprender a valoralo.

Obxectivos:

  • Coñecer de primeira man o patrimonio vinculado á Universidade da Coruña
  • Estudar as diferentes tipoloxías presentes nos campus e instalacións universitarias.
  • Tomar conciencia sobre o enorme valor que este posúe, non só para a comunidade universitaria senón para a poboación dos espazos nos que se encadra.

 

Este módulo consta de 3 créditos que se corresponden con 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas cada unha, de 50 minutos de duración.

Contidos:

 


 pe-páxina-web