Mobilidade de investigadores visitantes

O programa de Investigadores Visitantes da UDC está dirixido a investigadores internacionais interesados en realizar unha estadía de investigación na Universidade da Coruña, de mínimo dous meses e máximo 12 meses. Estes investigadores terán a categoría de investigadores visitantes oficiais, con acceso aos mesmos servizos e dereitos que os investigadores da UDC.

Os investigadores visitantes internacionais poderán pertencer a unha das seguintes categorías:

  1. Investigador Visitante Senior (Visiting Scholar): Profesor ou investigador dependente doutra institución non nacional que realiza unha estadía na UDC coa finalidade de desenvolver unha investigación en colaboración cun investigador ou nun grupo de investigación da UDC.
  2. Investigador Visitante Predoutoral ou Postdoutoral (Visiting Researcher): Estudante dun programa de doutoramento noutra institución non nacional ou doutor con menos de dez anos de experiencia que realiza as súas tarefas de investigación baixo a tutela dun profesor ou investigador da UDC.

Regulamento de investigadores/as visitantes internacionais (modificación aprobada polo Consello de Goberno do 29 de setembro de 2015)
Modelo de solicitude de admisión ao programa de investigadores visitantes 

Para mais información e contacto.