O proxecto de acompañamento de persoas dentro e fóra do domicilio xurde como unha colaboración con COGAMI. Existe un gran número de persoas con mobilidade reducida que debido ás grandes barreiras existentes na nosa sociedade, teñen limitada a súa participación social en actividades da vida familiar, provocando situacións de illamento social. Con este proxecto trátase de poñer en marcha unha serie de actividades que favorezan a participación destas persoas na vida cotiá.
As tarefas que realizan as persoas voluntarias que están colaborando nel son de acompañamento dentro do domicilio (lectura de prensa, conversa, ...) e fóra do domicilio (paseos, cafés, bibliotecas, centro socioculturais, ...)