Eventos por Palestina na UDC

Concentracións contra o xenocidio en Gaza e pola legalidade internacional

Chamamento para participar nas concentracións e  minuto de silencio:

Data: mércores, 7 de maio de 2025

Horarios e lugares:

Ás 12:00 h. 

        - Entre as escaleiras das Facultades de Ciencias da Educación e Dereito (Campus de Elviña) en A Coruña

Ás 12:00h.

        - Patio da Reitoría (A Coruña)

Ás 12:30h. 

        - Fronte á Facultade de Humanidades (Campus de Esteiro) en Ferrol

 

Cadea humana en conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

O vindeiro martes día 10 de decembro, conmemoración da Declaración Universal polos Dereitos Humanos (DUDH), a Rede UDCxPalestina fai un chamamento para participar ás 12 horas na realización dunha Cadea Humana en Defensa dos Dereitos Humanos, no Campus de Elviña, comezando nas escaleiras entre as Facultade de Ciencias da Educación e Dereito, no Reitorado e ás 12:30 h. fronte a Facultade de Humanidades (Campus de Esteiro) en Ferrol.

Participa!

Primeiro encontro estatal da Rede Universitaria por Palestina

A Rede Universitaria por Palestina convoca o seu primeiro encontro estatal na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Barcelona (Sala Jane Addams, 4ª planta) os próximos 28 e 29 de novembro de 2024.

O programa das xornadas, tituladas LA UNIVERSIDAD ANTE EL GENOCIDIO, pode consultarse aquí.

A inscrición é gratuita (rexistro anticipado aquí) e o acceso é libre ata completar aforo, en formato puramente presencial (asistencia recoñecida con certificado para todas aquelas persoas que o necesiten). 

Máis información sobre a Rede Universitaria por Palestina en https://www.redxpalestina.org/

Xornada "Aproximación ao conflito e procesos de construción de Paz en Palestina e o Sahel"

A Oficina de Cooperación e Voluntariado e Asamblea de Cooperación por la Paz propoñen esta xornada para indagar sobre o conflito de Palestina, ofrecendo unha visión interdisciplinar e global do mesmo, que non esté centrada unicamente nos acontecementos derivados da situación actual, senón no contexto histórico e xeopolítico, facendo fincapé nas obligacións desatendidas da comunidade internacional para co pobo palestino no marco do DIH e o DIDH.

Data: Xoves, 31 de outubro

Lugar: Salón de actos da Facultade de CC. da Educación (Campus de Elviña)

Horario: 9:00 a 14:00h

Inscricións no QR do cartel ou na seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/emcKQP89cn

 

Compartimos o vídeo da visita do Sr. Embaixador de Palestina á UDC

Conferencia do Sr. Embaixador de Palestina en España

O Sr. Embaixador de Palestina en España, D. Husni Abdel Wahed, impartirá unha conferencia baixo o título "Palestina: setenta e sete anos de espera", acto que terá lugar o vindeiro 10 de outubro (xoves) ás 18:00 horas no Paraninfo da Universidade da Coruña.

Exposición "Opresión a través da negación do Hábitat"

A exposición dos traballos de curso realizados na materia "Hábitat Básico" da ETSAC analiza a destrución de Gaza e aborda a utilización da vivenda e o hábitat como estratexia bélica para o control e a opresión.

Esta exposición está aberta, en formato físico, do 7 ao 9 de outubro na ETSAC e, en formato dixital e permanente, na seguinte ligazón: Aniversario do conflicto en Gaza: Exposición da materia Hábitat Básico (udc.es)

Poesía contra o xenocidio

O día 7 de outubro cúmprese un ano do inicio da guerra entre Israel e Palestina, e como acto de memoria e denuncia, convidámoste á lectura dunha escolma de poemas palestinos, na AC Alexandre Bóveda ás 19:30h. É preciso inscrición previa.

Máis información e inscrición aquí

Palestra en liña "A Universidade ante o Xenocidio"

Francesca Albanese, relatora especial das NNUU nos territorios palestinos ocupados, ofrece unha conferencia en liña o 10 de abril de 2024 ás 12h. 

Poderá seguirse, simultaneamente, dende o Salón de Graos da Facultade de CC. da Educación (campus Elviña), e dende  o Salón de Actos Concepción Arenal (campus de Ferrol).

Está previsto un coloquio posterior presencial en cada sede.

Acampadas do alumnado da UDC por Palestina

O alumnado da UDC levou a cabo unha serie de acampadas solidarias en favor do pobo palestino, como mostra do seu rechazo aos ataques de Israel en Gaza.