Laura Cruz López é docente no Grao en Educación Social (Facultade de Ciencias da Educación) e no Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (Facultade de Socioloxía). Viaxa a Guatemala da man de Solidariedade Internacional de Galicia para participar nos procesos de autocoidado, acompañamento e prevención comunitaria das violencias contra as mulleres, desenvolvidos pola Asociación de Mujeres Mayas Kaqla. Asumindo a necesaria ecoloxía de saberes, o obxectivo do proxecto é coñecer o enfoque de Plenitude de Vida da Cosmovisión Maya desde o que traballa Kaqlá, e compartir as visións e metodoloxías coas que se abordan as opresións e vulnerabilidades en Galicia

Jakson Renner Rodrigues Soares, é docente no grao de turismo e participará nun proxecto coa Universidade Estatal Península de Santa Elena. A existencia de destinos turísticos cunha marcada ausencia de planificación e donde a súa xestión non contribúe ao desenvolemento das actividades produtivas turísticas, limitan os destinos turísticos ao desenvolvemento de diversas actividades que provoquen o fluxo de visitantes. Na actualidade, a Provincia de Santa Elena, carece dun inventario turístico das comunidades da provincia de Santa Elena, o que impide coñecer as potencialidades naturais e culturais que posee cada comunidade. Por isto, a UPSE creou un proxecto de prácticas preprofesionais e actividades de vinculación coa colectividade nos campos de especialidade do estudantado das carreiras de turismo. O proxecto consta dunha aproximación da academia á sociedade, facendo que o persoal docente e o alumnado ofreza os seus servizos á comunidade, neste caso, relacionada co sector turístico. 

Roberto Rodríguez Martínez, é PAS na reitoría e colaborará administrativamente coa secretaría de extensión da Universidade Nacional do Centro da Provincia de Bos Aires (UNICEN). Nos últimos anos, a UNICEN ven desenvolvemendo diversos proxectos de vinculación coa sociedade, que poñen a profesores e estudantes en contacto directo co entorno e permite diagnosticar, determinar e solucionar situacións ou problemas concretos na sociedade. En concreto, participará nos consultorios xurídicos gratuítos para persoas en situación de vulnerabilidade socioeconómica; e no Centro Universitario da Unidade Penal 52 de Azul, no que se desenvolven accións destinadas á poboación carcelaria por parte do estudantado e do profesorado.