A UDC a nivel institucional, en colaboración coas institucións nacionais e locais que coordinan as accións humanitarias de axuda a persoas refuxiadas ten en marcha, entre outras, accións concretas de axudas a estudantes de Ucraína que se atopan nestes momentos na UDC, e unha liña de axudas para incorporar ás nosas aulas estudantes procedentes de zonas en conflito, tanto con fondos propios como a través de fondos da Comisión Europea.
É preciso avaliar a situación e establecer as canles e os contactos necesarios para obter información con persoas e institucións presentes no territorio e priorizar o apoio coas ONGD e actores humanitarios fiables, que contan con profesionais formados especificamente para o dito traballo e con coñecementos fundamentais para actuar nestas situacións de conflito.
Varias ONGD da comunidade galega xa están levando a cabo accións de axuda en diversos ámbitos (saúde, infancia, refuxio, acompañamento, alimentación…) nas fronteiras de Ucraína e nos seus países veciños:
|
A situación que se vive en Ucrania xera unha lexítima preocupación na cidadanía; pero non podemos esquecer a moitas outras poboacións que en distintos lugares do mundo sofren situacións similares. É necesario esixir o compromiso político con todas elas; facelo é crucial para salvar vidas, garantir os seus dereitos e promover a resolución dos conflitos.
Comunicado conxunto da Xunta de Galicia, as ONGD galegas e o Fondo Galego de Cooperación
Recomendacións da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)
Recomendacións para colaborar nunha situación de emerxencia humanitaria:
Por que se prefiren as doazóns económicas? Porque son moito máis efectivas e coherentes cos nosos valores: